Santi Millán, Jose Corbacho e Javi Sancho por primeira vez xuntos. Os 3 cómicos lánzanse a unha xira por Galicia buscando a interacción directa co seu público.
Para público en xeral
28/11/2015
Xa rematou
20 horas
Comedy ZOO Tour é unha velada teatral, unha noite de risa onde se ofrece unha experiencia única e irrepetible con tres dos cómicos máis divertidos e intensos deste país. Un espectáculo cheo de comedia onde a risa é a gran protagonista.
Comedy ZOO Tour recupera unha parella artística de longo percorrido. Millán e Corbacho volven á estrada compartindo o humor que os uniu na compañía teatral "La Cubana" e máis tarde en "El Terrat". Acompáñaos Javi Sancho, un dos cómicos máis novos do panorama actual. A experiencia dun cómico de oficio como Millán, a lingua afiada de Corbacho e a espontaneidade e desenvoltura do mozo Sancho, fan de Comedy ZOO Tour a mellor opción para unha noite de humor sen complexos e a queimarroupa.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible