Comezamos na Biblioteca Os Rosales, cos Encontros para pais, nais, fillas e fillos. Tentaremos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a Biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.
De 8 a 12 anos
Familias
Infantil, Familias
13/02/2020
Xa rematou
Dende o 06/02/2020 ata o 13/02/2020
de 18.00 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
12
Tel.: 981 184 389
Charla-Obradoiro de educación sexual no ámbito familiar e da importancia de acompañar en todas as etapas de desenvolvemento ó longo da vida.
Natalia e Hadriana, dúas profesionais da Psicoloxía, acompañarannos, e sempre de maneira respetuosa, no desenvolvemento sexual e afectivo dos nosos nenos desde o nacemento ata a adolescencia: como falar, explicar, tratar e afrontar... diversas situacións. Reflexionando acerca da importancia de integrar a sexualidade dentro da nosa vida diaria e de todo o ciclo vital para un desenvolvemento san e equilibrado.
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e as nenas necesitan inscrición. É imprescindible a asistencia mínimo cunha persoa adulta.
Agardámosvos!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible