Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Escola de Participación

Cando:

Dende o 03/10/2018 ata o 18/12/2018

Inscricións:

diferentes prazos para cada obradoiro

Horario:

diferentes horarios para cada obradoiro

Enderezo:

Espazo de Iniciativas Xuvenís. Rúa Matadero 68, Bj. 15002 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

Non hai límite de idade agás para o curso de Metodoloxía para a Participación Xuvenil cuxos destinatarios son persoas de 16 a 30 anos. 

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna, ademais da copia do DNI da persoa que autoriza. 

Organizador:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

participación@coruna.es

Ext. 10165

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil 

Edif. Fórum Metropolitano

R/ Río Monelos, 1

15006 - A Coruña

Tel.: 981 184 294 

cmix@coruna.es

Documentos:

Escola de Participación_ programa formativo (67 KB)

Programa de formación para entidades, colectivos informais e cidadanía en xeral

ADVERTENCIA: hoxe, mércores 3 de outubro de 2018, dende as 18.15 h e ata las 21.00 h vaise a proceder cunha actualización urxente da aplicación de inscricións web. Durante ese período a aplicación non estará dispoñible e non se poderán realizar inscricións web.

-----------------------------

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Participación e Innovación Democrática, pon en marcha un novo programa de formación e apoio ás entidades e os colectivos informais da cidade, así como para a cidadanía en xeral: a Escola de Participación.

FORMACIÓN PARA A CIDADANÍA

A Escola de Participación é un espazo de formación e aprendizaxe para entidades e colectivos informais da nosa cidade.

A Escola pon a disposición da veciñanza os seguintes cursos:

  •  INNOVACIÓN SOCIAL, PROCESOS PARTICIPATIVOS E XESTIÓN GRUPAL

Dirixido a persoas con interese no eido da participación e innovación social

Datas: 4, 11 e 18 de decembro

Inscrición: Ata o día 29 de novembro ou ata esgotar as prazas

  •  METODOLOXÍA PARA A PARTICIPACIÓN XUVENIL

Dirixido a mozos e mozas de 16 a 30 anos cun perfil vinculado ao ámbito da dinamización xuvenil, ao mundo asociativo, etc.

Datas: 13, 20 e 27 de novembro 

Inscrición:  Ata o día 10 de novembro ou ata esgotar prazas

FORMACIÓN PARA ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO:

Proposta formativa dirixida ás persoas que están pensando en crear entidades non lucrativas, ou que xa pertencendo a estas, necesiten formación en aspectos específicos na xestión das súas asociacións.

  •  COMO CREAR E MANTER UNHA ASOCIACIÓN

Datas: 10 de outubro  

Inscrición:  Ata o día 8 de outubro ou ata esgotar prazas

  •  PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL EN ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

Datas: 15 de outubro

Inscrición:  Ata o 11 de outubro ou ata esgotar prazas 

  •  CURSO DE COMUNICACIÓN EN ENTIDADES

Datas: 17 de outubro

Inscrición:  Ata o 15 de outubro ou ata esgotar prazas 

  •  ASOCIACIÓNS E CONVENIOS ADMINISTRATIVOS

Datas: 22 de outubro

Inscrición:  Ata o 18 de outubro ou ata esgotar prazas

  •  CURSO DE REALIZACIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS

Inscrición:  Ata o 22 de outubro ou ata esgotar prazas 

  •  CURSO BÁSICO DE FINANCIAMENTO

Datas: 31 de outubro

Inscrición:  Ata o 29 de outubro ou ata esgotar prazas

  •  CURSO BÁSICO DE FISCALIDADE

Datas: 7 de novembro

Inscrición:  Ata o 5 de novembro ou ata esgotar prazas

  •  CURSO BÁSICO DE SUBVENCIÓNS

Datas: 14 de novembro

Inscrición:  Ata o 12 de novembro ou ata esgotar prazas

  •  CURSO BÁSICO DE CONTABILIDADE

Datas: 21 de novembro

Inscrición:  Ata o 19 de novembro ou ata esgotar prazas 

  •  CURSO DE IMPLANTACIÓN DE MEDIDAS DE IGUALDADE DE XÉNERO NAS ENTIDADES NON LUCRATIVAS

Datas: 28 de novembro

Inscrición:  Ata o 26 de novembro ou ata esgotar prazas 

------------------------------------------

INSCRICIÓN

A inscrición realízase individualmente para cada curso. Pode accederse á web das inscricións, e na que ver a información detallada de cada curso, premendo aquí.

Toda a formación enmarcada na Escola de Participación é gratuítos e as prazas limitadas. Esgotadas as prazas, abrirase unha listaxe de agarda para cada obradoiro.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?