Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

ESPAZO INICIATIVAS XUVENÍS

eix

Espazo de Iniciativas Xuvenís da Concellaría de Participación e Innovación Democrática está diseñado para que a xuventude teña espazos axeitados en que desenvolver propostas, proxectos ou iniciativas desde e para as mozas e mozos cos recursos necesarios.

 

Na dinámica de funcionamento do EIX, ademais de proporcionar un espazo coordinado, dinamizado e controlado, preténdense ofrecer accións formativas, creativas, xuntanzas, posibilidade expositiva... así como reforzar sinerxias non só entre usuarios e usuarias do espazo, senón tamén con proxectos similares e con eventos para a xuventude no ámbito local.

O equipamento conta dúas salas de usos múltiples a modo de espazos comúns, abertos, dinámicos e polivalentes dotados con WI-FI e dous puntos de consulta en internet así como dun taboleiro de información xuvenil. Ademais, conta con mobiliario móbil e multiusos, proxector e pantalla, ... o que reforza a idea de espazo polivalente proporcionando cabida a unha tipoloxía variada de propostas.

 

PERSOAS DESTINATARIAS

O espazo está destinado principalmente á xuventude, entre 12 a 30 anos, a título individual ou en forma de colectivo non formal, asociación xuveníl, cultura... e entidades prestadoras de servizos á mocidade.

 

UBICACIÓN

O EIX está situado na rúa Matadero, nº 68. CP 15002 A Coruña

 

INFORMACIÓN DE CONTACTO

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Departamento de Xuventude

xuventude@coruna.es

Tel. 981.184.200

 

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?