Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Faladoiro: Memoria social e democrática na Banda Deseñada (Viñetas)
Mais outro ano, as Bibliotecas Municipais sumámonos á festa do cómic máis especial da cidade: Viñetas desde o Atlántico. Durante o mes de agosto, o cómic sae dos andeis e chega ás vosas mans en forma de charlas e encontros, presentacións, obradoiros, mostras e exposicións.
Neste faladoiro na carpa da Rúa da Banda Deseñada, Vanesa Santiago (Servizo Municipal de Bibliotecas) modera o diálogo entre Sebas Martín e Pep Brocal, que manterán un encontro sobre a memoria histórica e as crónicas sociais plasmadas na novela gráfica actual, con especial relevancia no referido ao colectivo LGTB e o feminismo.
Sebas Martín é autor de obras como "Que el fin del mundo nos encuentre bailando" o "La piel como única bandera", ambientados na II República e o Franquismo e protagonizados por Basilio e Tomaset, que viven a súa historia de amor nunha sociedade que os rexeita.
Pola súa parte, Pep Brocal é autor de "Caridad del Río", entre outras, obra que rescata a memoria da polémica e irrepetible muller a través de verdades, medias verdades e mentiras.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible