Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de abril de 2010

Feminismos

25 anos da revista "Andaina" e xornadas "Contra vento e marea"

Andaina

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá organizou en outubro de 2008 a exposición "25 anos de Andaina", un percorrido sobre os vinte e cinco anos de existencia da máis antiga revista de pensamento feminista galega. Os paneis que conforman esta exposición puideron verse no Fórum Metropolitano entre os días 13 e 16 de outubro. A conmemoración cerrouse o propio 16 de outubro cunha mesa redonda onde algúns membros do Consello directivo da revista repasaron os difíciles máis exitosos anos da súa existencia.

Posteriormente, durante a segunda edición do Festival Mulleres arte+parte, os cidadáns e cidadás da Coruña tiveron unha nova oportunidade de achegarse a esta exposición que representa unha escolma dalgunhas das súas portadas históricas.

Contra vento e marea

Durante o mes de setembro de 2009 desenvolvéronse na Coruña as xornadas "Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos", organizadas pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña. Charlas, exposicións en espazos urbanos, danza, Mari-Bingo....que, desenvolvidas na sede da Casa-Museo, no Paraninfo da Universidade ou no Obelisco da Coruña e murallas do Parrote, serviron para analizar a historia dos diversos feminismos e a súa actualidade e vitalidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión