Concello da Coruña

Concello da Coruña

Hombres bisagra

Premio ao Espectáculo máis Innovador do Festival Internacional Teatro e Artes de Rúa Valladolid TAC 2015.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/11/2015 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xoven, + 65 anos, desempregados, -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

De Matarile Teatro.

A orixe de Hombres Bisagra parte dunha proposta de Baltasar Patiño ao percusionista Nacho Sanz para traballar xuntos, fai agora catro anos. A esa idea orixinal súmanse en 2014 Ana Vallés, compartindo a dirección de escena, e os actores Miguel Torres e Carlos Hermida.

O resultado é unha proposta escénica híbrida que se achega máis á idea de concerto que á de representación teatral.

O espazo sonoro, as atmosferas de luz e as imaxes son as que suxiren, evocan e producen situacións, compartindo a escena (potenciadas) coa plasticidade dos corpos. Catro homes no escenario, nun espazo cambiante, transformado continuamente pola mestura e as conexións entre o que se ve e o que se escoita, entre o que se mostra e o que é evocado.

A música e o ambiente de son están xerados en directo por unha colección de sintetizadores históricos da primeira época da música electrónica.

A bisagra, por definición, serve de punto de unión e ao mesmo tempo permite a articulación: o movemento, a apertura, o transitar. E posibilita o desmontar cousas e montalas.

Hombres Bisagra estréase no Festival Internacional de Teatro de Ourense FITO o outubro de 2014.

Dirección: Ana Vallés e Baltasar Patiño

Concepto: Baltasar Patiño

Composición música + concepto musical. Músicos performers en directo: Nacho Sanz e Baltasar Patiño

Actuantes performers: Miguel Torres e Carlos Hermida

Compañía: Matarile Teatro

Venda de entradas

Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho de billetes Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9 a 21 h.

Televenda: 902 504 500

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión