Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatorias e subvencións

Neste apartado pode acceder á información das diferentes convocatorias e subvencións do Servizo Municipal de Participación Cidadá e Innovación:

-información xeral de subvencións

-subvencións para entidades veciñais

SUBVENCIÓNS

Información xeral

A concellería de Benestar Social, Participación e Igualdade, a través do servizo de Participación Cidadá, ten a vontade de prestar todo o seu apoio ao asociacionismo veciñal, por consideralo un dos instrumentos máis importantes que garanten a participación colectiva da cidadanía, contribuíndo á construción colectiva da nosa cidade.

Nesta convocatoria preséntanse subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas ás asociacións veciñais e destinadas a apoiar o funcionamento e a dinamización de actividades de interese social, cívico e cultural do concello da Coruña. A finalidade das subvencións é apoiar economicamente os gastos de funcionamento e a realización de programas, proxectos e actividades de interese cívico, social ou cultural das asociacións veciñais do concello da Coruña, xa realizados ou por realizar, durante o exercicio económico en curso (entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro), de acordo con criterios obxectivos que ponderen a importancia e representatividade de cada unha delas.

Liñas de subvención

Establécense dúas liñas subvencionables dentro da presente convocatoria:

Liña 1

Dirixida a entidades veciñais que carezan de local municipal en réxime de cesión ou noutras condicións de uso gratuítas, como sede da entidade.

A través desta liña subvenciónanse os seguintes conceptos:

  • Renda mensual de aluguer da sede social.
  • Gastos de subministracións da sede social (teléfono, internet, auga, electricidade, etc.
  • Servizos de limpeza e seguros vinculados ao local.

Valoraranse as solicitudes de acordo con criterios obxectivos que ponderen a importancia e representatividade de cada unha delas.

Quedan excluídas da convocatoria as entidades que sexan beneficiarias no ano actual dun convenio nominativo do concello da Coruña co mesmo obxecto e finalidade que as presentes bases.

Liña 2

É obxecto desta liña outorgar subvencións para apoiar os programas, proxectos e/ou actividades de interese cívico, social ou cultural que realicen as asociacións do concello da Coruña durante este ano (entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro), de acordo con criterios obxectivos que ponderen a importancia e representatividade de cada unha delas.

Nesta liña, a solicitude deberá ir acompañada de:

  1. Memoria descritiva, na que se detallen as actividades ou proxectos que se queren subvencionar, indicando as datas, lugar de realización, a quen vai dirixida, que fins e obxectivos quérense conseguir e que recursos necesítanse.

  2. Orzamento de execución, desagregando e detallando todos os conceptos contemplados, necesarios para a realización das actividades propostas.

Poderase solicitar subvención para unha ou para as dúas liñas subvencionables, que deberán ser obxecto de solicitudes independentes. No caso de presentar solicitude para máis dunha liña, a entidade solicitante deberá presentar con cada solicitude todos os anexos e documentos relacionados nas bases para cada unha delas, de forma independente.

Esta convocatoria realízase en réxime de concorrencia competitiva, sendo requisito imprescindible que as entidades solicitantes teñan a súa sede no termo municipal da Coruña e figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña, REMAC, na categoría de asociacións veciñais.

Para recibir asesoramento e para a resolución de calquera dúbida relacionada coa presentación das solicitudes destas subvencións ou da execución dos programas e actividades subvencionables, poderanse dirixir ao servizo de Participación Cidadá, ou ben na Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.

Prazo de solicitude

O prazo de solicitude para ambas as liñas de axuda comezará ao día seguinte da publicación da convocatoria no BOP

Data de publicación no BOP: 10 de marzo de 2026

Prazo de solicitude: Do 11 de marzo ao 10 de abril de 2026

Accede, a continuación, á documentación das diferentes convocatorias e subvencións

Inicio / 

TipoNomeDataTamaño
 Convocatorias Participación  
 Subvencións Participación  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión