Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
Visita o álbum de fotos desta biblioteca
Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño)
Verán (15 de xuño ao 15 de setembro)
Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)
Horario
Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño)
Verán (15 de xuño ao 15 de setembro)
Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)
Como chegar
Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se vas facelo en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:
Liñas de bus urbano
Liña 3 - Liña 3A - Liña 4 - Liña 6 - Liña 6A - Liña 7- Liña 11- Liña 17
Estacións de bicletas
Que me ofrece esta biblioteca
Nesta biblioteca, coma nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.
Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, mocidade e persoas adultas.
Dispón de múltiples materiais que poderás levar en préstamo, música e cinema, ordenadores de acceso público, conexión wifi, consolas e videoxogos...
Se non te podes achegar á biblioteca, podes pasar polo Punto de Lectura que temos habilitado no Centro Cívico da Cidade Vella, todos os luns de 11 a 12 horas.
Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede
Máis información
A Biblioteca Municipal Monte Alto abriuse ao público en xuño de 1999, e converteuse naquel momento na primeira biblioteca municipal totalmente informatizada, tanto no servizo de préstamo como na xestión de acceso á colección e á oferta de ordenadores de acceso público.
Situada no barrio histórico de Monte Alto, a Biblioteca sitúase na terceira planta do Centro Cívico, do mesmo xeito que o Centro ADCOR-Asociación de Discapacitados Coruñeses.
A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa zona de influencia, e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso ao coñecemento e susceptibles de marxinalidade e á práctica cultural, lectora e formativa.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible