Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Que son os orzamentos participativos?

Os orzamentos participativos son unha ferramenta para que os veciños e as veciñas da Coruña decidan libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento do seu concello. Por cuarto ano, imos decidir entre todas e todos mediante propostas de investimento como mellorar a nosa cidade no seu conxunto e os seus barrios. A cidadanía propón proxectos de investimento que son preseleccionados nunha fase de apoios cidadá, logo son avaliados polo persoal técnico do Concello e, finalmente, chegan a unha fase de votación final. As propostas máis votadas pasan a formar parte do proxecto inicial do Orzamento Xeral do ano seguinte.

Achega de propostas

Calquera persoa empadroada na Coruña e maior de 16 anos pode propoñer ideas de investimentos para a cidade e para os distritos entre o 25 de abril e o 21 de maio.

A achega de propostas realízase directamente na plataforma web aportaaberta.coruna.es. Se xa te rexistraches nos anos anteriores non tes que volver facelo. Se é a primeira vez, deberás empregar un correo electrónico.

As propostas fanse só a través desta web, pero se prefires a participación directa podes acudir aos espazos informativos de rúa, aos encontros de debate ou ben aos puntos de apoio (bibliotecas municipais, centros cívicos, CMIX e Federación de Asociacións Veciñais). Facilitaranche información e os medios necesarios para presentar as túas propostas.

Ademais, no teléfono de atención cidadá 010 podes resolver problemas e dúbidas relativas ao rexistro na plataforma.

Apoios e valoración técnica

En setembro poderás priorizar propostas para a cidade e para un máximo de tres distritos entre todas as presentadas. Procura non dispersar os apoios en propostas similares, porque as que reciban máis apoios poderán chegar á seguinte fase.

Despois, os diferentes servizos do Concello implicados estudarán que cada unha das propostas cumpra os requisitos necesarios para pasar á votación final: que sexan propostas de investimento, viables e legais. Tamén orzamentarán o custo de levalas a cabo.

Votación final

Na fase de votación final podes decidir como mellorar a túa cidade e o teu barrio votando propostas de investimento. Podes votar unha ou varias propostas para toda a cidade e, ademais, unha ou varias propostas nun máximo de 3 distritos da túa elección.

As propostas máis votadas incorporaranse ao proxecto inicial do Orzamento Xeral do Concello da Coruña de 2020.

Documentación Orzamentos Participativos

Inicio / 

TipoNomeDataTamaño
 2017 Orzamentos Participativos  
 2019 Orzamentos Participativos  
 Directrices OOPP - anexo I y II.pdf04/12/2019998,71 Kb
Propostas

Votación final rematada

En breve publicarase a relación de propostas gañadoras.

Entra en aportaaberta.coruna.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión