Aberto o prazo para a selección de antenas de información xuvenil en centros educativos
Persoas matriculadas en IES, CIFP, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música e nos centros concertados con ESO e Bacharelato da cidade.
Xuvenil, Asociaciones o centros escolares
Dende o 09/10/2019 ata o 25/10/2019
Xa rematou
Rede Municipal de Información Xuvenil. Rúa Río Monelos (Fórum Metropolitano) 1. 15006 A Coruña
Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación
Centro de Información Xuvenil
981.18.42.94 | cmix@coruna.es
A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil, pon en marcha o programa de acción voluntaria "Antenas de informacion Xuvenil" para o cuso 2019-2020
As antenas son unha rede de difusión de información de interese xuvenil en centros educativos públicos (IES, CIFP, Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música) e nos centros concertados con ESO e Bacharelato da cidade.
Esta rede estará coordinada polo CMIX e polo alumnado matriculado nos centros onde se desenvolve o programa, e as/os interesadas/os en realizar esta labor poderán presentar a súa solicitude até o 25 de outubro ás 20:00 horas.
Ás antenas seleccionadas ofreceránselles entradas a eventos organizados polo Concello da Coruña, recibirán os carnés de mocidade (Carné Xove, Alberguista, etc) e formación en materia de información xuvenil.
Toda a información sobre o programa poderase obter no CMIX, situado no Fórum Metropolitano, chamando ao 981.18.42.94, ou na páxina web www.coruna.gal/cmix
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible