Concello da Coruña

Concello da Coruña

Formulario para persoas voluntarias

Despois do primeiro dispositivo de carácter especial activado polo Concello da Coruña e a gran resposta da cidadanía para atender a unha situación de emerxencia sanitaria, desde a Oficina Municipal de Voluntariado poñemos en marcha a activación dun novo  dispositivo  para atender  ás persoas en situación de dependencia,  soidade, mobilidade reducida, etc, ante a incidencia que sigue a ter na ciudadanía a enfermidade coñecida como COVID-19.

Como podo participar? Se tes máis de 18 anos e queres que podamos contar contigo para axudar, en caso de necesidade, a persoas que están en situación de vulnerabilidade podes sumarte ao voluntariado municipal realizando a inscrición no formulario.

Ten en conta que:

  • Esta acción voluntaria está destinada a persoas maiores de 18 anos, residentes na cidade da Coruña.
  • As persoas enmarcadas nos colectivos de risco non poderán, como medida excepcional, participar desta acción voluntaria.
  • As persoas voluntarias recibirán indicacións da equipa de Protección Civil para desempeñar as labores voluntarias nas condicións adecuadas.
  • Todas as persoas que participen farano de forma individual e seguindo as indicacións e medidas de precaución marcadas polas autoridades sanitarias.
  • Todas as persoas que participen cumplimentarán una declaración voluntaria de participación, de carácter obligatorio
  • Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

Datos persoais
Datos de contacto
Enderezo

Datos de interese

Selecciona unha ou máis opcións

Política de privacidade

Segundo establece a vixente normativa de protección de datos infórmaselle que os datos solicitados a través do presente formulario serán tratados polo Ayuntamiento de A Coruña coa finalidade de tramitar a súa solicitude. A licitud do tratamento está baseada no artigo 8.1 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e garantía dos dereitos dixitais e no artigo 6.1 e) do RGPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha función realizada en interese público e no exercicio de poderes públicos conferidos ao Concello da Coruña pola Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e/ou na lexislación sectorial de desenvolvemento.

Non están previstas comunicacións de datos a terceiros salvo obrigación legal, nin están previstas transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais. Os datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar desta finalidade e do tratamento dos datos. Unha vez concluído o citado prazo, atenderase aos prazos establecidos nos calendarios de conservación ditaminados pola normativa de Arquivo do Concello.

Aquelas persoas físicas que faciliten os seus datos ao CONCELLO DA CORUÑA poderán dirixirse a esta administración, na súa calidade de Responsable do arquivo, co fin de poder exercitar gratuitamente os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto dos datos incorporados nos seus arquivos nos termos previstos pola lexislación vixente. O interesado poderá exercitar os seus dereitos mediante comunicación por escrito dirixida ao Rexistro Xeral do Concello da Coruña, sito en Praza María Pita, 1. 15001 A Coruña, coa seguinte referencia na súa carta: "LOPD Exercicio de dereitos" (xunto á súa solicitude escrita e asinada, deberá acreditar a súa personalidade achegando fotocopia do D.N.I) ou ben mediante solicitude na sede electrónica. Dado o carácter confidencial da información, non poderá exercitar os seus dereitos telefonicamente, debido a que este medio non permite acreditar a identidade como titular dos datos rexistrados.

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión