Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de agosto de 2022

Convocatoria de setembro-decembro 2022

Convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos. Setembro 2022

Preinscrición os días 1, 2 e 3 de setembro

As actividades realizaranse a través de dúas modalidades: presencial e en liña.

ACTIVIDADES PRESENCIAIS

Capacidade

Os grupos estarán formados por 15 ou 20 participantes, condicionado isto ao tipo de actividade e ao tamaño do espazo.

A posta en marcha da actividade estará condicionada a alcanzar un número mínimo de participantes, de acordo sempre coa capacidade máxima permitida.

Nos clubs seguirán as mesmas persoas da convocatoria de xaneiro/maio e soamente se ofertarán prazas en caso de ter que completar os grupos.

Duración sesión/actividade

A duración das sesións será diferente dependendo da modalidade da actividade.

Preinscrición: 1, 2 e 3 de setembro

Realizarase en liña. Para realizar a preinscrición cubrirase o formulario que atoparemos abaixo, xunto ás actividades de cada centro cívico en TAMÉN CHE PODE INTERESAR. Este formulario estará dispoñible desde as 8.00 h do día 1 de setembro ata as 23.59 h do día 3 de setembro.

As actividades pódense consultar no menú superior da páxina, en ACTIVIDADES Convocatoria Setembro 2022 e se se quixese descargar a programación total de actividades e clubs de todos os centros cívicos, pódese ver nos documentos que se achegan. Tamén en cada páxina de cada centro cívico hai un documento das actividades dese centro para imprimir, así como unha listaxe pormenorizada de actividades.

Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por orde de preferencia e tres clubs (non é posible pedir clubs e actividades no mesmo formulario, terase que abrir outro diferente.).

Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.

As persoas que non teñan acceso a Internet, e só nese caso, poderán realizar a preinscrición chamando ao número de teléfono 881 150 046 eses mesmos días (operativo soamente os días 1, 2 e 3 de setembro) en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.

Publicación das listaxes de preinscrición nos centros cívicos: 7 de setembro

Publicaranse dúas listaxes diferentes (actividades e clubs), que se poderán consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

Reclamacións ás listaxes de preinscrición: 8 de setembro

Faranse a través do teléfono gratuíto de información cidadá 010 en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.00 h.

Sorteo público: 8 de setembro ás 10.00 h

Realizaranse en cada centro cívico dous sorteos independentes, un para as actividades e outro para os clubs.

Publicación das listaxes de admisión e de agarda: 19 de setembro

Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.

Prazo de inscrición e pagamento de taxas: 20, 21 e 22 de setembro

O procedemento de pagamento será o mesmo que en convocatorias anteriores.

A persoa admitida recollerá o modelo de taxa-autoliquidación na conserxaría do centro cívico e, unha vez realizado o pagamento na sede bancaria, entregará o xustificante de pagamento de novo na conserxaría.

A cota de todas as actividades estará en relación coas horas de actividade (Ordenanza núm. 43 Reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal), fóra dos apoios escolares, cultura xeral e alfabetización, que teñen carácter gratuíto. Tamén terán carácter gratuíto os clubs porque son impartidos por voluntariado.

Todas aquelas taxas que se entreguen despois da data fixada non se poderán recoller, a non ser que sexan da listaxe de agarda e teñan obrigatoriamente que presentarse fóra do prazo establecido.

As persoas admitidas nos clubs deberán confirmar a asistencia presencialmente ou telefonicamente no centro cívico correspondente nestas mesmas datas.

Os clubs terán un carácter anual do mesmo xeito que en anos anteriores (xaneiro-maio/outubro-decembro). Só sairán convocadas en setembro as prazas vacantes e anularanse aqueles nos que os monitores e monitoras decidan deixalo.

Data de inicio de actividades/clubs:

26 de setembro en función da actividade.

Bolsas e reserva de prazas

Haberá prazas de apoio e promoción social logo do informe técnico previo.

ACTIVIDADES EN LIÑA

A través da canle Coruña Acompaña poderanse visualizar diferentes actividades a partir do día 26 de setembro:

Estimulación cognitiva (maiores)

Técnicas de relaxación (interxeracional)

Edición de vídeo (mocidade)

Ximnasia GAP e mantemento (interxeracional)

Aeróbic latino (interxeracional)

Documentos:

Programación total de actividades setembro-decembro 2022 (414 KB)

Oferta total de clubs (138 KB)

Documentos relacionados

  • Programación total de actividades setembro-decembro 2022 en galego (414 KB)
  • Oferta total de clubs en galego (50 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión