Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiro de Lettering con Alba Farto

As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán a Semana do Libro con actividades literarias do 22 ao 27 de abril baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”. Con actividades para públicos de tódalas idades: obradoiros, contacontos, recitais, faladoiros, mostras bibliográficas e unha solta de libros o 23 de abril.

A quen vai dirixido?:

Rapazada con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos.

A quen vai dirixido:

Infantil, Xuvenil

Cando:

24/04/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 17/04/2024 ata o 24/04/2024

Require inscrición.

Horario:

18.00 a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#diadolibrobmc

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

Neste obradoiro, impartido pola debuxante e ilustradora Alba Farto, darás os primeiros pasos na técnica do lettering empregando diversas ferramentas: tinta, pincel, rotuladores. Aprenderás as bases para seguir practicando na casa e acabar escribindo con soltura, e por que non?, creando unha obra propia.

O lettering  consiste en debuxar letras á man. Coñécese como a arte de debuxar letras bonitas. Falamos de debuxar e non de escribir, xa que cando escribimos facémolo de xeito mecánico e cando debuxamos facémolo pensando no resultado e no estilo. O lettering é a arte do debuxo.

Con este obradoiro búscase descubrir o desenvolvemento creativo, debuxar as letras e tamén favorecer a concentración e a relaxación.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión