12 de maio de 2021
A inscrición realizarase os días 18 e 19 de maio, en horario de apertura de centro cívico.
A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá pon en marcha unha serie de talleres monográficos dirixidos todos os sectores de poboación. Trátase dunha proposta de lecer socioeducativo e saudable que abarca diferentes aspectos do desenvolvemento psicosocial e creativo.
levarán a cabo nos centros cívicos de San Diego, Monelos, Palavea, Castrillón, Labañou, Rosales, Novoboandanza, Os Mallos, Eirís, Elviña, Mesoiro, Monte Alto e Cidade Vella.
Os talleres que se ofertan segundo a poboación destinataria son os seguintes:
As inscrición nos talleres realizarase nas conserjerías dos centros cívicos, os días 18 e 19 de maio, no horario de apertura do centro. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
Ás persoas que se inscriban, proporcionaráselles a folla de pago que terán que entregar selada pola entidade bancaria, con data límite 20 de maio. De non ser así, perderíase a praza e avisaríase á seguinte persoa en lista de espera.
O custo de cada taller monográfico é de 4 €.
Podes consultar horarios, dias de realización e centro cívico no que levarán a cabo, descargando o documento que se atopa ao final desta noticia "Talleres monográficos en centros cívicos".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible