Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de novembro de 2023

Campamentos urbanos de Nadal 2023 nos centros cívicos municipais

Para menores nados/as entre o 01/01/2011 e o 31/12/2019

A Concellería de Benestar Social organiza de novo este ano os campamentos de Nadal nos centros cívicos para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares de decembro e xaneiro. Nesta edición 2023/2024 ofrécense un total de 525 prazas.

CARACTERÍSTICAS E REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL:

  • DÍAS DE REALIZACIÓN: 22, 26, 27, 28, 29 de decembro 2023 e 2, 3, 4, 5 de xaneiro 2024
  • HORARIO E CUSTO POR PARTICIPANTE:
    • Xeral: de luns a venres das 10.00 ás 14.00 h, 26 €
    • Ampliado: de luns a venres das 9.00 ás 14.30 h, 32 €
  • CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR O HORARIO AMPLIADO OU XERAL: Castrillón, San Diego, Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Rosales, Labañou, Palavea, Cidade Vella, Eirís, Elviña e Novoboandanza.
  • CENTROS ONDE SE PODE SOLICITAR SÓ O HORARIO XERAL: Artesáns, A Silva, Feáns, Sagrada Familia, Santa Lucía, Pescadores e San Pedro de Visma.

PREINSCRICIÓN

27, 28 e 29 de novembro

Dúas modalidades:

  • Preferentemente en liña a través do formulario dispoñible na seguinte ligazón Preinscrición en campamentos de Nadal . O formulario estará aberto dende as 00.00 h do día 27 de novembro ata as 23.59 h do día 29 de novembro.
  • Telefonicamente, no seguinte número: 604 105 493, en horario de atención das 9.00 ás 20.00 horas ininterrompidamente.

LISTAS DE PREINSCRICIÓN

Poderanse consultar o 1 de decembro nos centros cívicos, nesta web ou no teléfono 010 de información cidadá.

RECLAMACIÓNS Á LISTAXE DE PREINSCRICIÓN:

1, 4 e 5 de decembro, enviando un correo electrónico co motivo da reclamación a campamentos@serviplus.org ou chamando ao número de teléfono 604 105 493.

SORTEO:

7 de decembro ás 10.00 h en cada sede do campamento onde se realizase a preinscrición.

O sorteo das prazas de menores con necesidades educativas especiais realizarase á mesma hora no Centro Cívico municipal de Monelos.

PUBLICACIÓN DE LISTAS DE ADMISIÓNS E ESPERA:

Poderanse consultar o 12 de decembro nos centros cívicos, nesta web ou no teléfono 010 de información cidadá.

INSCRICIÓN E PAGO:

13, 14 e 15 de decembro. Para realizar o pago e formalizar a inscrición existen dúas opcións:

  1. Transferencia bancaria á conta ES60 0238 8125 5206 0272 8953 (Banco Santander) e unha vez realizada, enviando o xustificante de pago a campamentos@serviplus.org co nome do/a menor admitido/a no campamento, centro cívico e modalidade horaria.
  2. Mediante transferencia bancaria á conta anteriormente indicada e achegando no formulario dispoñible a través da seguinte ligazón Envío de xustificante de pago dos campamentos o xustificante de pago co nome do/a menor admitido/a no campamento, centro cívico e modalidade horaria.

XESTIÓN DA LISTA DE ESPERA: a partir do 18 de decembro

Información xeral e recomendacións

  • Terán preferencia as e os menores empadroados no Concello da Coruña.
  • Reservarase un 20% de prazas para persoas beneficiarias de programas sociais.
  • Cada grupo estará formado por 15 menores e deberá haber un mínimo de 9 para formar grupo.
  • Soamente se poderá presentar unha preinscrición por menor, en caso contrario anularanse todas.
  • Ofertaranse 15 prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. As prazas de diversidade funcional terán un sorteo propio, diferenciado do sorteo da cota xeral.
  • Para unha correcta atención de menores que soliciten praza pola cota de diversidade funcional, deberase cubrir unha ficha de coñecemento persoal no momento da preinscrición.
  • O monitorado de apoio para menores con diversidade funcional estará capacitado para acometer tarefas hixiénico-sanitarias básicas.
  • Non formalizar a inscrición no prazo e horario establecido supoñerá a perda de dereito á praza.
  • Unha vez realizado o pago do campamento non se terá dereito á devolución excepto por causas imputables a quen preste o servizo.
  • Os horarios do campamento ampliado e xeral son de obrigado cumprimento, tanto á entrada como á saída.
  • Na modalidade de horario ampliado, requiriranse como mínimo 6 participantes para realizar grupo.
  • Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmás ou irmáns co número correlativo de preinscrición, ben sexa posterior ou anterior, todas/os obterán praza, coa condición de que pertenzan á mesma cota.
  • Levar roupa e calzado cómodos.
  • Non levar aparellos electrónicos, videoconsolas, móbiles, diñeiro ou obxectos de valor. A organización non se fará responsable das perdas que se poidan producir durante o campamento.
  • É aconsellable que non asistan aos campamentos os e as menores que teñan enfermidades contaxiosas ou que presenten algún dos seguintes síntomas: febre, vómitos, diarrea, aftas na boca, chagas, dificultade respiratoria, conxuntivite, erupcións, alteracións atípicas na pel, ter piollos ou lendias, ou calquera síntoma relacionado coa COVID-19.

Documentos:

Campamentos urbanos de Nadal 2023 nos centros cívicos municipais (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión