Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xaneiro de 2014

Gala internacional de patinaxe artística a favor das enfermidades raras

Evento solidario na Coruña o día 16 de febreiro co fin de recadar fondos para as enfermidades raras.

A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) vai levar a cabo o domingo 16 de febreiro na Coruña un evento solidario co obxectivo de recadar fondos para as enfermidades raras. Trátase da IV Gala Internacional de Patinaxe Artística, na que participan clubs de patinaxe artística de toda Galicia, patinadores de categoría internacional e os actuais campións do mundo de patinaxe, Sara Venerucci e Danilo Decembrini. As invitacións para esta gala poderanse adquirir a través dun donativo de 5 euros das seguintes maneiras:

  • Na tenda en liña de FEGEREC (www.fegerec.es)
  • Chamando ao teléfono 981 234 651
  • Na sede de FEGEREC
  • No posto do Centro Comercial Catro Camiños do 10 ao 15 de febreiro
  • No despacho de entradas do Palacio de Deportes da Coruña o 16 de febreiro

(As invitacións adquiridas na tenda ou a través do teléfono poderanse retirar na sede de FEGEREC, no posto do Centro Comercial Catro Camiños ou en despacho de entradas).

Tamén se habilitou unha Fila 0 no núm. de conta 0182 0547 83 0201530474 para quen non lle sexa posible asistir a este espectáculo pero queira colaborar coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión