1 de decembro de 2014
Información do sorteo do proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de promoción pública, situadas no concello da Coruña. Segundas adxudicacións.
Neste enlace e no documento que se achega pódense consultar os resultados do sorteo, que aparecen publicados na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Esta lista é de "reserva", isto quere dicir que para o próximo ano, unha vez que se cuantifique cantas vivendas de segunda ocupación hai, utilizarase esta lista para ir adxudicando as ditas vivendas. É dicir, ás persoas que están nesa lista -a día de hoxe- non lles adxudicaron ningunha vivenda.
En principio, as persoas que aparecen nesa lista non necesitan realizar ningún trámite, pois de ser necesario serán notificadas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible