Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas económicas a familias para comedores escolares (Bolsa comedor)

O obxecto desta prestación é proporcionar axuda económica ás familias para colaborar no pago do comedor escolar das súas fillas e fillos. Está destinada a familias do Concello da Coruña, empadroadas no Concello da Coruña e que teñan fillas e fillos a cargo, escolarizados en centros educativos que se atopen dentro do termo municipal da Coruña e cumpran os requisitos establecidos

A quen vai dirixido?:

Ao alumnado matriculado en centros escolares do termo municipal da Coruña nos que se imparta 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial, sostidos total ou parcialmente con fondos públicos e que conten con servizo de comedor autorizado.

Organiza:

Concejalia de Igualdade, Benestar social e Participación. Programa municipal de traballo con familias.

CANLES DE SOLICITUDE

  • De forma presencial nos Rexistros Municipais que se poden ver máis abaixo, en entidades relacionadas.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do Concello da Coruña.
  • A través do rexistro telemático que aparece abaixo en ligazóns de interese, identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión