Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axudas económicas de emerxencia social municipal

Axudar a persoas e familias en situación de necesidade económica grave e urxente, proporcionándolles unha prestación, non periódica, de carácter económico que lles permita facer fronte a gastos ordinarios ou extraordinarios.

A quen vai dirixido?:

  • Persoas e familias cunha problemática económica á que non poden facer fronte polos seus propios medios.

Requisitos:

  1. Ser maior de idade ou menor emancipado.
  2. Estar empadroado no municipio da Coruña de forma ininterrompida polo menos cun ano de antigüidade. Excepcionalmente poderán ser beneficiarios, previo informe dos técnicos municipais de servizos sociais, aquelas persoas que carecendo de domicilio na Coruña a súa situación de urxencia social fagan necesaria esta axuda.
  3. Acreditar a situación de necesidade.
  4. Achegar a documentación requirida en cada caso.
  5. Aceptación expresa, por parte do usuario, das condicións que figuran no deseño de intervención social.
  6. Acreditar mediante documento de declaración responsable de estar ao corrente das obrigacións fiscais e coa Seguridade Social, así como declaración xurada ou promesa na que se faga constar que non se recibiu doutros organismos e para a mesma finalidade, a axuda solicitada.

Prazo de presentación:

Todo o ano.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión