Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

7 de decembro de 2020

Campamentos urbanos de Nadal 2020

Para nenas e nenos que nacesen entre os días 1 de xaneiro de 2008 e 31 de decembro de 2016, ambos incluídos.

Días do campamento:

  • 23, 28, 29, 30 de decembro e 4, 5, 7 de xaneiro

Formas de facer a preinscrición:

  • En liña cubrindo o formulario de preinscrición que se atopa nesta páxina
  • Chamando ao teléfono 010 de información cidadá

Para necesidades educativas especiais débese cubrir, ademais do formulario, unha ficha de coñecemento persoal que aparecerá na mesma páxina do formulario.

Días de preinscrición

  • 10, 11 e 12 de decembro

A preinscrición farase exclusivamente para un só centro cívico.

Sorteo

  • 14 de decembro ás 12.00 h

Realizarase nun único centro cívico, o de Monelos, no cal se fará o sorteo de todos os centros.

Publicación de listas de admisións e espera

  • 17 de decembro. A información colocarase na porta principal de cada centro cívico e publicarase nesta mesma web.

Días de inscrición

  • 18, 19 e 20 de decembro

A cota correspondente aboarase mediante transferencia bancaria ao número de conta ES76 2080 0036 6230 4002 1977 de Abanca e enviarase o comprobante de pago a campamentos@serviplus.org xunto co nome da menor ou o menor, o centro cívico e a modalidade horaria correspondente.

Listas de espera

  • 21 e 22 de decembro

En caso de haber prazas vacantes, chamarase por teléfono a quen quedase en lista de espera.

Grupos

  • Cada grupo estará formado por 6 participantes e unha monitora ou monitor.

No caso de haber dúas irmás ou dous irmáns consecutivos nas listaxes e lles correspondese o 6.º e 7.º lugar, só entraría o primeiro.

Non se farán grupos de menos de 6 participantes.

Horarios

  • Horario xeral: 10.00 a 14.00 h
  • Horario ampliado: 9.00 a 14.30 h

Os centros cívicos onde se poderá solicitar o horario ampliado son:

  • Castrillón
  • San Diego
  • Mallos
  • Mesoiro
  • Monelos
  • Monte Alto
  • Rosales

Prezo do campamento

  • Horario xeral: 26 €
  • Horario ampliado: 32 €

Número total de prazas para menores con necesidades educativas especiais: 15

Os centros cívicos onde se levarán a cabo os campamentos son os seguintes:

Atoparás máis información e recomendacións importantes no folleto informativo.

Documentos:

Folleto informativo (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión