Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de decembro de 2020

Captación de vivendas para alugueiro municipal

Calquera persoa propietaria pode solicitar que a súa vivenda entre dentro do Banco municipal de vivendas, coa condición de que se cumpran os requisitos.

Unha das principais preocupacións do Goberno municipal é garantir, para os colectivos en situación ou risco de exclusión social, o dereito ao acceso a unha vivenda digna e adecuada tal e como obriga a Constitución. Neste sentido, a ausencia dunha vivenda e unha contorna digna están ligados a este marco de exclusión residencial e social no que as persoas afectadas ven vulnerados boa parte dos seus dereitos e cuxa transformación nunha contorna de integración é unha prioridade para o Concello da Coruña.

O patrimonio municipal de vivenda é escaso para poder atender as continuas peticións de persoas interesadas en que se lles alugue unha vivenda municipal por ter imposibilidade de acceso a unha vivenda no mercado libre. É por iso que o Goberno municipal tenta dar resposta a este problema e garantir o acceso á vivenda a estes colectivos con dificultades, a través da xestión dun banco de vivendas, que permita articular un alugueiro social ou reducido.

Calquera persoa propietaria dunha vivenda poderá solicitar nas oficinas de EMVSA (Empresa Municipal de Vivienda, Servicios y Actividades, SA) que a súa propiedade pase a formar parte do Banco municipal de vivendas. As ditas vivendas deberán cumprir uns requisitos que se poden consultar nas bases adxuntas.

Quen pode participar nesta convocatoria pública?

Calquera persoa propietaria dunha vivenda no Concello da Coruña ou en calquera outro termo municipal. En caso das vivendas situadas nun concello diferente do da Coruña, quedará a criterio do Consello de Administración de EMVSA aceptalas ou non.

Cales son as condicións do alugueiro?

A persoa titular do contrato de alugueiro será a Empresa Municipal de Vivenda e rexerase pola Lei de arrendamentos urbanos.

Canto percibe a persoa propietaria?

Ata 660 € en función das características da vivenda.

Que garante EMVSA?

O pago mensual da renda e a reparación dos posibles danos causados na vivenda derivados dun mal uso.

Cando se pode solicitar a participación neste banco de vivendas?

O prazo de presentación de solicitudes segue aberto desde febreiro de 2020.

Que trámites se deben facer para participar nesta convocatoria pública?

Deberase dirixir unha solicitude á presidenta do Consello de Administración de EMVSA xunto coa documentación disposta no artigo 8.3 das bases da convocatoria.

Como se poden presentar as solicitudes?

As solicitudes, así como o resto da documentación necesaria, presentaranse na sede de EMVSA, Casa da Auga 1.ª planta, en horario de 8.00 a 15.00 h.

Admitiranse tamén as solicitudes, xunto con toda a documentación preceptiva, no rexistro ou en calquera rexistro presencial do Concello da Coruña, a pesar de que se lle deberá comunicar a dita solicitude a EMVSA enviando unha copia da solicitude rexistrada, o mesmo día da presentación ou o seguinte día hábil, ao seguinte enderezo de correo electrónico: contratacion@emvsa.es

As solicitudes deberán conter o Modelo de solicitude, o Modelo de declaración responsable que se achega en documentos relacionados e toda a documentación disposta no artigo 8.3 das bases.

Onde podo obter máis información?

- No teléfono de Atención Cidadá 010

- No teléfono de EMVSA 981 910 460

- No seguinte correo: contratacion@emvsa.es

Enderezo:

Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades - EMVSA. Rúa Manuel Murguía 3, 1º. 15011 A Coruña

Bases da convocatoria (169 KB)

Documentos relacionados

  • Solicitude (en galego) (48 KB)
  • Solicitude (en castelán) (50 KB)
  • Declaración responsable (en galego) (41 KB)
  • Declaración responsable (en castelán) (42 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión