Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de agosto de 2025

Convocatoria de setembro-decembro de 2025

Convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos. Setembro de 2025

As persoas interesadas pódense preinscribir os días 1, 2 e 3 de setembro.

Preinscrición: 1, 2 e 3 de setembro

Realizarase preferentemente en liña. Para realizar a preinscrición cubrirase o formulario que atoparemos aquí: Formulario de preinscrición en actividades . Este formulario estará dispoñible desde as 8.00 h do luns 1 de setembro ata as 23.59 h do mércores 3 de setembro.

As persoas que non conten con acceso a Internet, poderán realizar a preinscrición de maneira telefónica a través do número de teléfono 881 152 304.

Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por centro cívico e por orde de preferencia.

Aquelas actividades que teñan a mesma denominación, aínda que teñan distintos niveis (iniciación e perfeccionamento, grupo 1 e grupo 2, mañá e tarde etc.,) considéranse unha mesma actividade, e só se poderá formalizar a matrícula nunha delas. En caso de facelo nas dúas, ambas quedarán anuladas.

Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.

Toda a programación, detallada por centro cívico, pode consultarse na páxina web de cada centro premendo na seguinte ligazón actividades por centro cívico .

Cando se realice a preinscrición, á hora de cubrir o formulario, deberá escoller o método de pago: en liña (con tarxeta de crédito) ou presencial con taxa de autoliquidación (na entidade bancaria).

Debido ao peche do Centro Cívico Labañou por obras de mellora, as actividades do programa deste centro cívico levaranse a cabo nos seguintes espazos:

- Centro Ágora: Pilates e Baile de salón

- Centro Cívico Rosales: Apoio escolar educación primaria e educación secundaria.

- Instituto de Educación Secundaria Rosalía Mera: Iniciación á costura, Ximnasia suave +60 anos, Memoria iniciación e avanzado, Tertulia e calceta, Taichí, Xestión de emocións, Ximnasia de costas, Uso de móbil e trámites, Felicidade en calma e Ioga.

Clubs

Son actividades de carácter gratuíto dirixidas por persoas voluntarias.

  • As preinscricións dos clubs serán unicamente para cubrir prazas vacantes daqueles que dispoñen de praza e non teñen lista de espera. A convocatoria ordinaria para os clubs é anual, a excepción do Centro Cívico do Castrillón.
  • As vacantes cubriranse inscribíndose nas conserxerías de cada centro cívico e será por orde de chegada en horario das 10.00 ás 13.00 h e das 16.30 ás 20.00 horas, os días 1, 2 e 3 de setembro. Excepto no C.C. Castro de Elviña que será das 11.00 ás 13.00 h e das 16.00 ás 20.00 h.

  • O sorteo, en caso de haber máis solicitudes que prazas, será no centro cívico, o mesmo día que o das actividades.

Publicación das listaxes provisionais de preinscricións nas actividades socioculturais nos centros cívicos: 8 de setembro

As listas das actividades socioculturais poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010. As listas dos clubs en cada un dos centros cívicos.

No Centro Cívico do Castrillón publicaranse as listaxes das persoas que se preinscribiron nos clubs deste centro.

Reclamacións ás listaxes de preinscricións: 9 de setembro

  • A través do 010 en horario das 11.00 ás 13.30 h e das 16.00 ás 18.00 h

Sorteo público: 10 de setembro

Realizarase en cada centro cívico ás 10.00 h.

O sorteo para os clubs do Centro Cívico do Castrillón é diferente ao de actividades.

Publicación das listaxes de admisións e de espera: 19 de setembro

Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010. Nas actividades socioculturais, anularanse aquelas actividades nas que non haxa un mínimo de solicitudes formalizadas.

Prazo de inscrición e pago de taxas para as persoas admitidas: 22, 23 e 24 de setembro

A cota das actividades regúlase na Ordenanza número 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal, fóra de Apoio escolar, Cultura xeral e Alfabetización, que terán carácter gratuíto. Tamén son gratuítos os clubs que están dirixidos por persoas voluntarias.

Durante o prazo de inscrición, as persoas admitidas en actividades gratuítas e clubs, deberán formalizar a preinscrición en prazo e CONFIRMARÁN (ben presencial ou por teléfono), no centro cívico onde foron admitidas, a súa asistencia á actividade

Realizarase preferentemente en liña a través desta ligazón Pago en liña das actividades os días 22, 23 e 24 de setembro. De non facelo nestas datas perderase o dereito á praza. Alternativamente poderase realizar imprimindo a folla de autoliquidación, e pagando presencialmente na entidade bancaria ou no caixeiro da entidade con tarxeta de crédito.

Unha vez pagado na entidade bancaria NON hai que entregar na conserxería O XUSTIFICANTE, xa que se pasarán todos os datos de pago telemático (en liña e entidade bancaria) excepto as persoas que paguen na oficina municipal da Franxa, xa que só nese caso se debe achegar o xustificante de pago no centro correspondente.

Procedemento de pago

Nas listas de persoas admitidas e de espera figurará un código, o cal haberá que introducir cando sexa requirido ao longo do proceso de pago. Cada código indica a persoa que está a se inscribir na actividade, o centro no que se inscribe e a actividade solicitada. Así, cada actividade que solicite unha persoa terá un código diferente, polo que cada actividade se terá que aboar por separado.

O pago realizarase preferentemente en liña a través da plataforma de pago en liña habilitada.

O pago tamén se pode facer presencialmente imprimindo a carta de pago e presentándoa no banco ou tramitando o pago a través de caixeiro. A continuación NON hai que levar o xustificante de pago ao centro cívico onde se vai desenvolver a actividade porque os datos xa foron pasados ao sistema. O Concello conta con dúas entidades bancarias asociadas para poder aboar as actividades: ABANCA e Banco Santander.

Soamente as persoas que pagan nas oficinas municipais da rúa da Franxa deben levar o xustificante ao centro cívico correspondente.

Listas de espera

As listas de espera das actividades e dos clubs xestionaranse desde o servizo de conserxería do centro cívico correspondente a partir do 26 de setembro.

As persoas admitidas, a partir das listas de espera, deberán facer a inscrición e o aboamento da actividade, seguindo o procedemento de pago, establecido anteriormente.

Data de inicio das actividades:

A partir do día 1 de outubro.

Data da fin das actividades:

8 de decembro.

NOTA: cada actividade ten unha clasificación diferente por idade: infancia, mocidade, interxeracional e maiores. Sempre que non se especifique outro tramo de idades no título da actividade, a idade que correspondería (cumprida no momento de realizar a presincrición) á clasificación será:

  • Infancia: de 4 a 12 anos
  • Mocidade: de 13 a 17 anos
  • Interxeracional: a partir de 18 anos
  • Maiores: a partir de 65 anos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión