Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

19 de xuño de 2020

Ingreso Mínimo Vital

Pódese solicitar desde o día 15 de xuño de 2020 ao Instituto Nacional da Seguridade Social

Ao longo de todo o Estado español fóronse configurando desde hai anos diferentes modelos de políticas de rendas mínimas, que desempeñaron un papel moi importante para a atención ás persoas en situación de vulnerabilidade; con todo, trátase de modelos moi diferentes entre si, con variacións moi substanciais no seu deseño e especialmente nos seus graos de cobertura e nivel de protección.

O principio 14 do Pilar Europeo de Dereitos Sociais está dedicado á renda mínima.

A situación de pobreza e desigualdade existente en España e o incremento da vulnerabilidade económica e social ocasionado pola COVID-19, deron como resultado a posta en marcha, con carácter urxente, dun mecanismo de garantía de ingresos de ámbito nacional. Así, recentemente aprobouse o Ingreso Mínimo Vital (IMV) como prestación económica da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva.

Co obxectivo de evitar duplicidades para a cidadanía e en aras dunha maior efectividade, a posta en marcha deste ingreso esixe tamén unha progresiva reordenación do conxunto de axudas estatais, cuxos obxectivos se solapan cos desta nova prestación. Este proceso de reaxuste iniciarase coa eliminación da actual prestación da Seguridade Social por filla/o ou menor acollida/o a cargo sen discapacidade ou con discapacidade inferior ao 33 por cento. Recentemente, en Galicia, xa se empezou a reaxustar isto de oficio por parte da administración correspondente.

En Galicia, a RISGA e o IMV -por agora- son incompatibles, non se poden cobrar ao mesmo tempo; aínda que quizais nun futuro puidesen chegar a ser dúas prestacións complementarias se se modificase a Lei de inclusión social de Galicia.

Requisitos de acceso:

1. Todas as persoas beneficiarias, estean ou non integradas nunha unidade de convivencia, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter residencia legal e efectiva en España e tela de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á data de presentación da solicitude. Non se esixirá este requisito respecto de:

  • 1.º As/os menores incorporadas/os á unidade de convivencia por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.
  • 2.º As persoas vítimas de trata de seres humanos e de explotación sexual, que acreditarán esta condición a través dun informe emitido polos servizos públicos encargados da atención integral a estas vítimas ou polos servizos sociais, así como por calquera outro medio de acreditación que se desenvolva regulamentariamente.
  • 3.º As mulleres vítimas de violencia de xénero. Esta condición acreditarase por calquera dos medios establecidos no artigo 23 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Para os efectos do mantemento do dereito ao IMV, entenderase que unha persoa ten a súa residencia habitual en España aínda cando tivese estancias no estranxeiro, sempre que estas non superen os noventa días naturais ao longo de cada ano natural, ou cando a ausencia do territorio español estea motivada por causas de enfermidade debidamente xustificadas.

b) Encontrarse en situación de vulnerabilidade económica por carecer de rendas, ingresos ou patrimonio suficientes, nos termos establecidos no artigo 8.

c) Solicitar as pensións e prestacións vixentes ás que puidesen ter dereito, nos termos que se fixen regulamentariamente. Quedan exceptuados os salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas de asistencia social, concedidas polas comunidades autónomas.

d) Se non están a traballar e son maiores de idade ou menores emancipados, figurar inscritas como demandantes de emprego, salvo nos supostos que se determinen regulamentariamente.

2. As persoas beneficiarias ás que se refiren o artigo 4.1.b) e o artigo 6.2.c) deberán vivir de forma independente durante polo menos tres anos antes da solicitude do ingreso mínimo vital.

Entenderase que unha persoa viviu de forma independente se permaneceu en situación de alta en calquera dos réximes que integran o sistema da Seguridade Social durante polo menos doce meses, continuados ou non, e sempre que acredite que o seu domicilio foi distinto ao dos seus proxenitores, titores ou acolledores durante tres anos inmediatamente anteriores á solicitude.

Este último requisito non se lles esixirá ás persoas que, por seren vítimas de violencia de xénero, abandonasen o seu domicilio habitual; ás que iniciasen os trámites de separación ou divorcio ou ás que se encontren noutras circunstancias que poidan determinarse regulamentariamente.

3. Cando as persoas beneficiarias formen parte dunha unidade de convivencia, esixirase que esta estea constituída, nos termos do artigo 6, durante polo menos o ano anterior á presentación da solicitude, de forma continuada.

Este requisito non se esixirá nos casos de nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente de menores, nos supostos a) e b) do artigo 6.2, nos supostos de mulleres vítimas de violencia de xénero ou vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual, ou noutros supostos xustificados, que poidan determinarse regulamentariamente.

4. Os requisitos relacionados nos apartados anteriores deberán cumprirse no momento de presentación da solicitude ou ao tempo de solicitar a súa revisión, e manterse ao ditarse a resolución e durante o tempo de percepción do ingreso mínimo vital.

Non computarán como ingresos os salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas comunidades autónomas e outros ingresos e rendas de acordo co previsto no artigo 18.

A pesar de que o Instituto Nacional da Seguridade Social ten a competencia para o recoñecemento e control da prestación, os expedientes administrativos poderán ser iniciados por outras administracións públicas, autonómicas ou locais, sempre e cando se subscribise un convenio de colaboración para iso.

Ata este momento, en Galicia, a prestación do Ingreso Mínimo Vital é competencia do Instituto Nacional da Seguridade Social

O acceso á prestación económica do IMV realizarase, logo da solicitude previa da persoa interesada, no modelo normalizado establecido, acompañada da documentación necesaria para xustificar o cumprimento dos requisitos. Existe tamén un modelo de representación para solicitar esta prestación en nome doutra persoa.

A documentación que debe achegar coa solicitude é a seguinte:

  • Para acreditar a identidade: DNI, libro de familia, ou certificado de nacemento
  • Para acreditar a residencia legal en España: inscrición no rexistro central de estranxeiría, tarxeta de familiar de cidadá/n da Unión Europea ou autorización de residencia
  • Para acreditar o domicilio en España: certificado de empadroamento
  • Para acreditar a existencia da unidade de convivencia: certificado de empadroamento ou libro de familia, certificado do rexistro civil, ou inscrición no rexistro de parellas de feito

A solicitude presentarase, preferentemente, na sede electrónica da Seguridade Social ou a través daquelas outras canles de comunicación telemática que o Instituto Nacional da Seguridade Social teña habilitadas para iso.

Actualmente na web da Seguridade Social existe tamén un simulador que pode servir para facerse unha idea de se se pode optar ou non ao Ingreso Mínimo Vital.

Esta prestación conterá no seu deseño incentivos ao emprego e á inclusión, articulados a través de distintas fórmulas de cooperación entre administracións.

O Instituto Nacional da Seguridade Social notificaralles ás persoas beneficiarias, que cumpran os requisitos, a resolución na que se recoñeza o dereito á prestación transitoria do IMV e o dereito de optar entre percibir esta prestación e a asignación económica por filla/o ou menor a cargo que viñese percibindo.

O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 ten unha publicación-guía resumo que se pode consultar aquí e o Real decreto-lei 20/2020, do 29 de maio, polo que se establece o IMV aquí

O Ingreso Mínimo Vital garantiralles aos fogares españois unha renda mínima de 10.070 euros de media ao ano (839,2 euros ao mes); aínda que a contía dependerá do número de membros da familia, co que partirá de 461,5 euros ao mes para un soa persoa adulta ata 1.015,3 euros para familias de polo menos cinco persoas.

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión