21 de setembro de 2021
Convocatoria de setembro de 2021
Reclamacións: días 22 e 23 de setembro a través do 010 en horario de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 h. Prazo de inscrición e pago de taxas os días 24, 27 e 28 de setembro.
Podes consultar a lista de admisións nos documentos que se achegan.
Unha vez comprobada a inclusión nas listas de persoas admitidas, deberase retirar, no centro cívico correspondente, o impreso municipal de autoliquidación de taxas, necesario para poder aboar, na entidade bancaria e no número de conta que figura no propio impreso, o prezo público que corresponda.
Para formalizar a inscrición definitiva nunha determinada actividade, as persoas incluídas nas listas de admisións deberán presentar, no mesmo centro cívico no que se realiza a actividade, o xustificante conforme realizou o pago na entidade bancaria. Este trámite de presentación deberá realizarse - necesariamente- dentro do prazo e horarios establecidos para a inscrición en cada convocatoria, xa que de non ser así, perderase o dereito á praza na actividade.
De acordo coas novas medidas específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no DOG núm. 175-bis no punto 4.4, do venres 10 de setembro de 2021, as actividades socioculturais de tipo grupal que se levarán a cabo nos centros cívicos municipais, terán unha capacidade de 6 persoas sexan ou non conviventes, sen contar coa monitora ou monitor.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible