Espectáculo de monicreque de cartón de manipulación directa, sen palabras, para público familiar a partir dos 6 anos.
Familias, Para público en xeral
30/12/2021
Xa rematou
18:00 h
Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
35
6.00 euros
Abono 3 Familiar: (3 entradas para a mesma función): 15.00 euros
Menores de 3 anos: 2.00 euros
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.gal
«Era unha vez un niño.
Un niño cun ovo.
Un ovo moi redondiño,
que ten dentro un paxariño
Novo»
(Secreto - Miguel Torga)
O niño inspírase nun dos poemas máis sinxelos do escritor portugués Miguel Torga, que nunhas poucas liñas devela como un secreto ben gardado pode fortalecer unha amizade verdadeira.
O niño é o proxecto máis recente da compañía Partículas Elementares, así como o máis arriscado, xa que a proposta é contar sen unha soa palabra. Poesía visual pura, O niño revélase nos detalles.
Cun argumento minimalista, a narrativa desenvólvese desde o azar; a curiosidade dun neno, espertada por unha mera coincidencia, desencadea o inicio dunha rede de afectos. Sobre o escenario, Carlos Silva, autor e único intérprete da obra, comeza cunha posta en escena comedida, que gaña forza co traballo plástico-expresivo, emotivo e sorprendente de Leonor Bandeira. Nun escenario con poucos artificios, no que se moven un único protagonista, tres elementos secundarios e unha banda sonora que complementa toda a peza. O niño é un proxecto notable, que deixa tanto ao público infantil como ao adulto cunha inmensa vontade de deixar voar a imaxinación.
O niño é unha invitación para valorar as cousas sinxelas da vida, esas que non custa entender e han de conservarse como as máis importantes.
PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO no Festival Internacional de Títeres FIMO 2019. Portugal
FICHA ARTÍSTICA:
Actor / Manipulador: Carlos Silva
Idea Original: Carlos Silva
Dirección: Leonor Bandeira
Escenografia e Marionetas: Leonor Bandeira
Diseño de Luz: João Sofio
Foto: Inês Samina
Producción: Partículas Elementares
Espectáculo recomendado para nenas e nenos a partir de 5 anos
**Aforo: 180 localidades
VENDA DE ENTRADAS
Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: desde unha hora antes do inicio do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
Venda en liña: Ataquilla.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible