Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de setembro de 2021

O concello abre o prazo de solicitude de subvencións para os taxis adaptados

A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación destina 18.000 euros para favorecer o mantemento destes vehículos.

O concello abre o prazo de solicitude de subvencións económicas para as persoas propietarias de taxis adaptados para transportar persoas con mobilidade reducida ou discapacidade. A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, que destina 18.000 euros ao mantemento e compensación dos gastos dos taxis adaptados, procura con estas axudas favorecer a accesibilidade das persoas con diversidade.

Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas, as xurídicas, as agrupaciónes de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica que sexan titulares dunha licenza de vehículo adaptado para transportar persoas con mobilidade reducida ou discapacidade concedida polo Concello da Coruña. Ademais deberán xustificar se recibiron outras subvencións, non estar incurso nalgunha das causas de prohibición para percibir subvencións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeneral de subvencións e atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias.

A solicitude de subvención presentarase na sede eléctronica do concello da Coruña https://sede.coruna.gob.es, tamén poderá presentarse no Rexistro Xeral de Entrada do Concello da Coruña ou por calquera dos medios regulados no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, nun prazo dun mes a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión