Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de maio de 2021

Talleres monográficos nos centros cívicos

A inscrición realizarase os días 18 e 19 de maio, en horario de apertura de centro cívico.

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá pon en marcha unha serie de talleres monográficos dirixidos todos os sectores de poboación. Trátase dunha proposta de lecer socioeducativo e saudable que abarca diferentes aspectos do desenvolvemento psicosocial e creativo.

levarán a cabo nos centros cívicos de San Diego, Monelos, Palavea, Castrillón, Labañou, Rosales, Novoboandanza, Os Mallos, Eirís, Elviña, Mesoiro, Monte Alto e Cidade Vella.

Os talleres que se ofertan segundo a poboación destinataria son os seguintes:

  • Infancia, de 6 a 12 anos: Taller de Slime e taller de reciclaxe creativa
  • Mocidade, de 12 a 17 anos: Cómic e Manga, DJ musical e iniciación ao lettering
  • Intergeneracional (maiores de 18 anos): Expresión musical, elaboración de xabóns naturais, mindfullness, técnicas de relaxación e control da ansiedade.
  • Maiores de 55 anos: Benestar e recuperación emocional, estimulación cognitiva, manexo de móbiles e aplicacións.

As inscrición nos talleres realizarase nas conserjerías dos centros cívicos, os días 18 e 19 de maio, no horario de apertura do centro. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Ás persoas que se inscriban, proporcionaráselles a folla de pago que terán que entregar selada pola entidade bancaria, con data límite 20 de maio. De non ser así, perderíase a praza e avisaríase á seguinte persoa en lista de espera.

O custo de cada taller monográfico é de 4 €.

Podes consultar horarios, dias de realización e centro cívico no que levarán a cabo, descargando o documento que se atopa ao final desta noticia "Talleres monográficos en centros cívicos".

Documentos:

Talleres-monograficos-en-centros-civicos.pdf (430 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión