9 de maio de 2025
Para nenas e nenos nacidas/os do 01/01/2013 ao 31/12/2021
Para nenas e nenos nacidas/os do 01/01/2013 ao 31/12/2021. Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitorado de apoio, o cal non realizará tarefas de carácter sanitario.
Colexio Calasanz PP. Escolapios da Coruña.
-1.ª quenda: do 1 ao 15 de xullo
-2.ª quenda: do 16 ao 31 de xullo
-3.ª quenda: do 1 ao 15 de agosto
-4.ª quenda: do 16 ao 31 de agosto
Os días festivos non haberá campamento.
De luns a venres, de 10.00 a 18.00 h
13, 14 e 15 de maio, no formulario en liña Preinscrición en campamentos de día de verán
A preinscrición realizarase mediante un formulario de inscrición.
Aquelas persoas que non dispoñan de medios informáticos para realizaren a preinscrición por vía telemática poderán chamar ao número 695 133 494 (tres liñas de atención), en horario ininterrompido de 9.00 a 20.00 horas
-Un/unha mesmo/a menor pode solicitar, indicando a orde de preferencia, ata tres quendas de campamento de día.
-No momento no que se formalice a preinscrición, a/o interesada/ou recibirá un correo electrónico co resumo desta.
-Para que a preinscrición dos/as menores que soliciten praza de diversidade funcional se considere correcta, deberá incluír unha ficha de coñecemento persoal para planificar os apoios necesarios.
-Os nenos e nenas que soliciten praza de diversidade funcional terán unha numeración e un sorteo propio.
-Os/as irmáns/as deberán anotarse de forma correlativa. Se non é así, non se garantirá que estean xuntos.
-No caso de que haxa duplicidade nalgunha solicitude por realizala dúas persoas distintas ou a mesma para un/unha mesmo/a menor, terase en conta a que se realizou en último lugar.
-Se se desexa obter factura do pago en caso de resultar admitido, deberá marcar a casa correspondente ao realizar a solicitude. A factura emitirase a nome da persoa que faga a solicitude.
23 de maio
26 e 27 de maio, no teléfono 695 133 494, en horario de 9.30 a 20.00 horas
29 de maio
2 de xuño
3, 4, 5 e 6 de xuño
-Número de conta para realizar o pago: ES89 0081 0390 1300 0146 0949
-O xustificante do pago subirase á web, así como aquela documentación que sexa requirida. As persoas que realicen a inscrición por teléfono terán que enviar o xustificante de pago ao correo: inscripciones@axinasd.com.
-Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/os obterán praza.
-Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.
-A inscrición supón a aceptación e o estrito cumprimento do horario do campamento no que se inscribiu. O feito de non cumprilo poderá supoñer a perda da praza.
En caso de quedar prazas vacantes, avisarase telefonicamente a partir do 10 de xuño.
416
85,00 €. A cota do campamento inclúe o transporte e a comida diaria.
Actividades recreativas e deportivas (xogos ao aire libre, circuítos, deportes, xogos de auga...); obradoiros creativos (manualidades, pintura, música, reciclaxe...); natureza e cultura (saídas á praia, visitas culturais, actividades ambientais...); dinámicas de grupo e valores (xogos cooperativos, dinámicas de convivencia, resolución de conflitos...); actividades temáticas (busca do tesouro, obradoiros temáticos...)
As persoas participantes deben comprometerse a cumpriren unha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado. Este documento terá que asinarse e ser entregado antes do inicio do campamento, pola nai, pai ou responsable legal do/a menor.
Toda a información, os documentos, formularios e listaxes referentes a esta convocatoria poden consultarse na web Campamentos de Verán 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible