Concello da Coruña

Concello da Coruña

Localización e apoio a persoas sen fogar

Prestación que consiste en percorridos polas rúas e espazos da cidade para a localización de persoas que pasan nela a noite. O destino das rutas é coñecelas, ofrecer información sobre os recursos de atención na cidade, roupa de abrigo e alimento.

Estas rutas realízanse a través de dous servizos:

-  "Xiras de observación". Saídas semanais de coñecemento e contacto. Dende o apoio anteriormente sinalado trátase de iniciar procesos de axuda para superar a súa estancia na rúa.

-  "Dispositivo +calor". Saídas nos días con alerta por condicións climatolóxicas adversas, co obxectivo prioritario de previr riscos para a saúde e integridade de persoas localizadas na rúa.

A quen vai dirixido?:

Persoas en situación de rúa que se localicen pasando a noite dentro do termo municipal.

Requisitos:

Ser maior de idade e encontrarse no termo municipal.

Estar pasando a noite na rúa ou outras localizacións utilizadas con ese fin.

Prazo de presentación:

Todos os días laborables do ano.

Máis información:

As rutas prográmanse a partir da información obtida de diferentes fontes: entidades, servizos, profesionais e cidadanía en xeral.

As vías de contacto para dar coñecemento de persoas nesta situación son as seguintes:

Poderanse dar a coñecer estas situacións por vía telefónica, correo electrónico ou acudindo ao servizo municipal de atención inmediata, equipo de inclusión social, 010 ou ao servizo da Policía Local.

Noticias

Prestacións

Subscrición ao boletín de actividades

Novidades

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión