Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Turismo social

Convocatoria de prazas gratuítas para viaxar dentro das quendas programadas polo IMSERSO.

A quen vai dirixido?:

  • Pensionistas maiores de 65 anos, pensionistas do sistema público de pensións e prexubilados maiores de 60 anos e pensionistas de viuvez maiores de 55 anos.
  • Poderán incluírse na solicitude os fillos/as con discapacidade (grao mínimo do 45%) das persoas solicitantes coa condición de que esta discapacidade lles permita viaxar e que o fagan acompañados dos seus pais/nais compartindo con eles/elas a habitación. 
  • As persoas solicitantes poderán participar co seu cónxuxe ou parella de feito recoñecida legalmente.

Organizador:

Concello da Coruña

Requisitos:

  • Estar empadroados e residir no Concello da Coruña e cumprir os requisitos necesarios para obter a acreditación do IMSERSO en cada convocatoria.
  • Ter unha capacidade económica persoal inferior ou igual á establecida na convocatoria. Considéranse para os efectos de capacidade económica persoal os ingresos das solicitantes, cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade que dependan economicamente da persoa solicitante.
  • Ter a autonomía suficiente para levar a cabo actividades básicas da vida diaria e non padecer ningunha enfermidade ou deterioración cognitiva que implique alteracións de comportamento que poidan incidir na normal convivencia durante o desenvolvemento da viaxe.

Prazo de presentación:

A convocatoria para poder acceder ao programa é anual.

Remuneración / Dotación:

Viaxes de 8 días/7noites con aloxamento en réxime de pensión completa, en habitación dobre en hoteis seleccionados polo IMSERSO.

Póliza de seguros colectiva.

Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.

Programa de animación.

Máis información:

Para acceder á convocatoria debe presentar a solicitude e a súa correspondente documentación na  Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade.

Noticias

Prestacións sociais

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

  • Cando:

    2 de abril de 2020

    Preguntas frecuentes do ámbito social e económico, relacionadas coa situación actual

    Respostas ás preguntas frecuentes referidas ás medidas urxentes, tomadas no ámbito social e económico para facer fronte ás situacións derivadas do estado de alarma para afrontar o Covid-19.

  • Cando:

    1 de abril de 2020

    Aclaración sobre as medidas de protección ás persoas que viven de alugueiro

    Ante as dúbidas formuladas, queremos aclarar que as medidas tomadas polo Goberno para protexer as persoas que viven de alugueiro refírense única e exclusivamente a aquelas que están en situación de vulnerabilidade derivada de situacións provocadas polo COVID-19.

  • Cando:

    31 de marzo de 2020

    Acompáñote

    En momentos así, necesitámonos máis ca nunca. A soidade non é boa para ninguén. Se nos chamas, estaremos felices de escoitarte e poder ter contigo unha conversa na que, seguro, aprenderemos e compartiremos a través do teléfono unha chea de cousas que nos fagan sorrir. O teléfono está dispoñible desde hoxe en horario de 10.00 a 21.00 h.

Novidades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión