Mediante o programa Talón Restaurante Municipal, proporciónanse menús equilibrados naqueles establecementos hostaleiros que participan no programa.
Así, as persoas beneficiarias, obteñen un talonario mensual de entre 10 e 25 bonos, cun valor de 4,44 € ou de 6 € cada talón, abonando en metálico a cantidade restante para completar o prezo do menú.
Concellaría de Igualdade, Benestar social e Participación. Concello da Coruña
Das persoas beneficiarias:
Dos establecementos hostaleiros adheridos ao programa:
Durante todo o ano
Cada talón ten un valor , IVE incluído, de 4,44 € ou de 6 €, dependendo da situación económica da persoa solicitante. O de menor importe é para persoas con igual ou superior capacidade económica do IPREM vixente e o de maior importe para persoas con capacidade económica inferior ao IPREM vixente.
Por cada menú consumido, a persoa beneficiaria entregará ao establecemento un talón e abonará a cantidade restante ata completar o prezo do menú en metálico.
Como o prezo máximo do menú dos establecementos participantes non poderá superar os 8 €, as persoas beneficiarias do programa, abonan en metálico unha cantidade por menú que nunca superará os 3,56 €.
Tamén che pode interesar
Programa ao que pertence
Prestacións relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible