Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio
  • Servizos
  • Consulta pública previa ordenanza servizo de axuda a domicilio

Consulta pública previa sobre a Ordenanza municipal reguladora do Servizo de Axuda a Domicilio

O Concello da Coruña eleva a consulta pública previa o anteproxecto da Ordenanza municipal reguladora do Servizo de Axuda a Domicilio que se prevé que entre en vigor nos próximos meses.

A cidadanía poderá achegar as súas suxestións a través deste formulario habilitado na web municipal e para iso dispoñerá dun prazo de 20 días hábiles (contados a partir do 04.08.2025 e que finalizarán o 01.09.2025, ambos os incluídos).

A ordenanza será de aplicación ao servizo público de axuda a domicilio que se desenvolve no termo municipal do Concello da Coruña.

Entre os obxectivos desta ordenanza figuran: regular de forma clara as distintas modalidades do servizo (SAF dependencia, SAF básico e intervencións por urxencia social), así como os criterios de acceso, intensidade, revisión e finalización da prestación; establecer un sistema de copago baseado na capacidade económica de acódea usuaria, conforme á normativa autonómica, garantindo os principios de equidade, solidariedade e sustentabilidade; fomentar a intervención social individualizada, a través da elaboración e seguimento de proxectos individualizados de intervención, garantindo unha atención personalizada, integral e centrada na persoa; recoñecer os dereitos e deberes de acódelas usuarias, promovendo a súa participación activa no proceso de intervención e a defensa dos seus dereitos no marco dunha atención digna, profesional e respectuosa; reforzar o carácter preventivo, rehabilitador e comunitario do SAF, especialmente nas situacións de vulnerabilidade social, contribuíndo á inclusión social e á cohesión comunitaria; mellorar a xestión do servizo e a coordinación interinstitucional, establecendo un marco normativo que favoreza unha intervención eficaz, áxil e adaptada ás necesidades reais da poboación; garantir un acceso equitativo ao servizo mediante un sistema de copago progresivo, que teña en conta a capacidade económica de acódelas usuarias e que estableza medidas correctoras para situacións de vulnerabilidade social ou risco de exclusión; fomentar a participación cidadá e das entidades representativas na definición da norma, garantir os dereitos de acódelas usuarias e asegurar canles eficaces para a información, reclamación e mellora continua do servizo.

A ordenanza será de aplicación ao servizo público de axuda a domicilio que se desenvolve no termo municipal do Concello da Coruña.

Nel establécese que, con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto da nova normativa, levará a cabo unha consulta pública, a través do portal web da Administración competente, na que se solicitará a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma acerca dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias. Achégase como anexo un documento no que se detallan todas estas cuestións, sen prexuízo das modificacións que se poidan introducir durante o proceso de elaboración definitiva da citada ordenanza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión