Concello da Coruña

Concello da Coruña

DPO_1_24 Proxecto Redelimitación Agregación Parcelaria 84200

ANUNCIO de aprobación inicial do Documento de redelimitación do ámbito de agregación parcelaria (84200), A Coruña (expediente 631/2024/117).

Data:

21 de maio de 2025

Fecha de publicación:

9 de xuño de 2025

A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 21.05.2025, acordou aprobar inicialmente o "Documento de redelimitación do ámbito de agregación parcelaria (84200). Abril de 2025", redactado polos arquitectos José Mantiñán Adoitar e César Fernández Bellón, cos números de colexiado do COAG 1048 e 3743.

En cumprimento do artigo 243 do Decreto 143/2016, de 22 de setiembre, polo que se aproba o regulamento da Leiy 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia (RLSG/16), sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Boletín Oficial da Provincia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o proxecto de redelimitación e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas no taboleiro de anunncios da sede electrónica do Concello, no apartado de publicidade oficial, taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, información urbanística; na web de Urbanismo, na apartado exposición pública, e no visor Desenvolvemento do Plan. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), de 9:00 a 13:00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 4 de xuño de 2025

Concelleiro delegado responsable da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión