Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Importante: para realizar calquera trámite na súa tarxeta física Millennium, por exemplo solicitar cambio de perfil, renovación etc. ten que solicitar cita previa. Todo o que sexa relativo á expedición da Tarxeta Millennium tanto por primeira vez, por mal funcionamento, por roubo ou perda ou calquera trámite presencial só se realizará a entrega nas dependencias da Estación de Autobuses da Tarxeta Millennium. (Presentar solicitudes e entregar documentación pódese realizar nos rexistros de María Pita e Ágora).
Tarxeta de bus xeral coa cal as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.
Solicitude por primeira vez, renovación, roubo, perda ou deterioración:
Documentación (particulares):
Documentación (empresas):
Custo da tarxeta (taxa):
Persoas empadroadas e non empadroadas no Concello da Coruña: 3 €
Pódese realizar o aboamento da taxa na Caixa Municipal ou a través de calquera oficina de Abanca, Sabadell, Santander, BBVA, Caixa Bank.
Tamén pode realizar o pago en liña das taxas da Tarxeta Millenium. Este procedemento require que vostede dispoña dun certificado dixital válido.
Unha vez aboada a taxa, a persoa solicitante débese dirixir de novo á oficina na que realizase a solicitude da tarxeta, co xustificante de pago, para que lle expidan a tarxeta.
Roubo, perda ou deterioración:
En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que a/o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.
Substitución da tarxeta por mal funcionamento
No caso de que a substitución da tarxeta se produza polo mal funcionamento desta, sen responsabilidade da persoa usuaria (por tanto debe achegar a tarxeta), non é necesario aboar ningunha taxa e a tarxeta expídese no momento.
Poderá recuperar o saldo que tiña na tarxeta, acudindo a unha das oficinas de Abanca na opción de Aboamentos Pendentes.
Substitución da tarxeta por roubo, extravio ou rotura
É necesario aboar a taxa establecida, 7 €, (Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).
Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa, a persoa usuaria débese dirixir co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.
Normas xerais:
Onde se fai?
Documentos relacionados
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
Acceso aos expedientes completos de licenzas relacionados co edificio
EDD0420_Aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación volumétrica dun equipamento de benestar social e asistencial público situado na rúa Castaño de Eirís 1D
EDD0221_Aprobación inicial do Estudo de detalle para a ordenación de volumes da ampliación do edificio do Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC), Campus de Elviña.
EXC3220_Suspensión cautelar da tramitación de plan de desarrrollo, instrumentos de equidistribución, urbanización e licenzas no ámbito do API S-35 "Ría do Burgo"
Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible