Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación, Revisión e Adaptación PXOM

Na conferencia do 29 de abril de 2008 o arquitecto Joan Busquets, como responsable da Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal da cidade, presentou a análise e diagnóstico previo do novo plan, entendido este como un vehículo para:

  1. Afrontar a nova escala metropolitana no que a cidade se acha inmerso. Quere dicir que pode ser o marco para encaixar adecuadamente a definición dunhas infraestruturas modernas, nesta dinámica macro-municipal e constituír así o futuro dunha "cidade aberta á súa rexión" na nova condición que se presenta para as cidades europeas.Neste sentido A Coruña debe conseguir un novo rol como "capital urbana" destes novos espazos metropolitanos.
  2. Recualificar a cidade existente buscando mellorar os servizos e a calidade dos seus espazos e equipamentos.
  3. Apoiar a tendencia cara a unha economía de servizos, complementaria á actividade industrial que se desenvolve en certos sectores do ámbito municipal e metropolitano. Tamén abrindo espazo á actividade innovadora e á "economía do coñecemento".
  4. Estimular actuacións prototípicas no campo do "desenvolvemento durable", xa sexa na residencia ou na actividade económica.
  5. Restablecer unha clara relación co seu medio xeográfico natural: a topografía e os bordos da auga.
  6. Promover unha propia identidade e crearse un espazo claro como cidade capital media "atractiva e singular" no concerto español e europeo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión