Concello da Coruña

Concello da Coruña

Descarga de formatos de planeamento

Nesta páxina facilítase a descarga dos ficheiros vectoriais en formatos CAD (dgn) e SIX (shp), do texto consolidado do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña, aprobado definitivamente pola Orde do 23.02.2013 da CMATI, no que se incorporan periodicamente as modificacións e desenvolvementos aprobados definitivamente, para os efectos da súa reutilización para redactar os instrumentos de planeamento e de xestión en desenvolvemento do PXOM/13.

Os arquivos están xeorreferenciados co sistema de proxección "Universal Transversal de Mercator" (U.T.M.), no sistema de referencia ETRS89, fuso 29, zona de latitude T, polo que non poderán ser trasladados, xirados ou escalados no seu emprego para redactar os citados instrumentos.

Tamén se subministra a Orde do 10 de outubro de 2019, de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, publicadas no DOG núm. 224, do luns 25 de novembro de 2019, vixentes desde o 25 de maio de 2020, ás que se deberán adaptar todas as figuras de planeamento.

Por último, facilítanse os modelos de cartelas e follas en formatos A1, A3 e A4, segundo modelo do Anexo 5 da citada orde, adaptados para o Concello da Coruña, para os efectos do seu emprego polos equipos redactores (que deberán ser particularizados por cada un).

A Coruña, xullo do 2021

Inicio / 

TipoNomeDataTamaño
 01_PXOM2013_CAD.zip08/07/2021217.98 Mb
 02_PXOM2013_SIX.zip08/07/202119.33 Mb
 03_FORMATOS_NNTT_PLANEAMENTO_XUNTA.zip08/07/2021338.75 Kb
 Orde_NNTT_Planeamento.pdf08/07/20213.16 Mb

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Para ler os documentos...

Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión