Aprobación inicial do estudo de detalle da mazá Z4-R3L zona 4, mazá R3, SURT 1 San Pedro de Visma, A Coruña (expediente 631/2024/59).
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle da mazá Z4-R3L zona 4, mazá R3, SURT 1 San Pedro de Visma, A Coruña (expediente 631/2024/59).
A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 5 de febreiro de 2026, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "ESTUDO DE DETALLE DA MAZÁ Z4-R3L ZONA 4, MAZÁ R3, SURT 1 SAN PEDRO DE VISMA. XANEIRO 2025", promovido por METROVACESA, S.A, e asinado polos arquitectos Álvaro Pedro Romeu Gil-Delgado co número de colexiado 979 do COAG, e Hugo Romeu Novás, co número de colexiado 4.654 do COAG, debendo incorporarse as emendas sinaladas no informe municipal de 29.01.2025, para a aprobación definitiva do documento.
En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu Regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou dun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará a disposición no taboleiro de edictos da sede electronica do concello na apartado información urbanística; na páxina web de Urbanismo no apartado de exposición pública, e no visor "Desenvolvemento do Plan". Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), de 9:00 a 13:00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 10 de febreiro de 2025
Concelleiro delegado responsable da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
Aprobación inicial do estudo de detalle da mazá Z4-R3L zona 4, mazá R3, SURT 1 San Pedro de Visma, A Coruña (expediente 631/2024/59).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible