ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na rúa Emilio González López, polígono dos Rosales, A Coruña. Expediente 631/2022/157.
A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o 8 de xuño de 2022, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "Estudo de detalle para a ordenación do volume edificable no soar núm. 50 da rúa Emilio Glez. López, polígono dos Rosales - A Coruña. Maio 2022", promovido por DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS SL, redactado por Arqyur, SC e asinado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos, e as arquitectas Mónica Mesejo Conde e Sara Prieto Hortas.
En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes que se conta desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou dun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.
A documentación estará a disposición no taboleiro de edictos da sede electronica do concello , no apartado de información urbanística, na páxina web de Urbanismo e no visor "Desenvolvemento do Planeamento". Tamén se poderá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario de 9.00 a 13.00 horas, logo da previa cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou se dirixirá a registrourbanismo@coruna.es.
A Coruña, 9 de xuño de 2022
A directora da Área de Urbanismo
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
EXC1421_Suspensión de licenzas de demolición e nova edificación no ámbito da rúa Sinagoga, 4 e 4A, na Cidade Vella da Coruña
Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible