Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

EXC0920_Información pública "proxecto terminal de autobuses"

EXC09/20 Anuncio de información pública do Proxecto Terminal de autobuses integrada na Estación Intermodal da Coruña - San Cristóbal

Data:

5 de marzo de 2020

Fecha de publicación:

5 de marzo de 2020

Anuncio da información pública do "Proxecto Terminal de Autobuses integrada na Estación Intermodal da Coruña - San Cristóbal" (expediente 631/2020/50).

O 24 de febreiro de 2020 entrou no Rexistro Xeral do Concello da Coruña a solicitude de informe da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, ao "Proxecto Terminal de autobuses integrada na estación intermodal da Coruña - San Cristóbal", previsto na Lei 3/2016, do 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese.

De conformidade co disposto no artigo único, apartado 4, da citada lei, previamente á emisión do informe municipal, sométese o proxecto ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días, mediante o anuncio no Boletín Oficial da Provincia e nun dos xornais de maior difusión nela.

Durante este prazo, que se contará a partir do día seguinte ao da última das publicacións, calquera interesado/a e público en xeral poderá formular as alegacións que estime procedentes.

A consulta da documentación pódese realizar no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres; no apartado de exposición pública da páxina web de Urbanismo /urbanismo/gl/informacion-e-normativa/exposicion-publica; ou ben, na sede electrónica do Concello, https://sede.coruna.gob.es.

A Coruña, 3 de marzo de 2020.

Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

P. del. (Decreto 3829/19, BOP núm. 124, do 03/072019)

Juan Manuel Díaz Villoslada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión