Concello da Coruña

Concello da Coruña

Desde o Servizo de Vivenda e Rehabilitación xestiónanse as actuacións de rehabilitación financiadas a través do programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - Next GeneretionEU nas Contornas Residenciais de Rehabilitación programada (ERRP).

Ao amparo do Acordo da Comisión Bilateral do 11.05.2023 entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Comunidade Autónoma de Galicia e o Concello da Coruña, fináncianse actuacións nas seguintes Contornas Residenciais de Rehabilitación programada:

1º. ¿QUE ACTUACIÓNS SON SUBVENCIONABLES?

As actuacións subvencionables con cargo ao programa serán as definidas no artigo 14 do Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro. En síntese, son subvencionables as obras ou actuacións de mellora ou rehabilitación de edificios de uso predominantemente residencial para vivenda, incluídas as vivendas unifamiliares, nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética.

Abordará, entre outras, as seguintes actuacións:

  1. Rehabilitación da envolvente do edificio (fachada e cuberta).
  2. Uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria.
  3. Implantación de tecnoloxías de xeración de enerxía eléctrica mediante fontes renovables no edificio.
  4. Mellora da eficiencia enerxética de zonas comúns nos edificios rehabilitados.
  5. Despregamento de infraestruturas asociadas á mobilidade eléctrica.
  6. Actuacións de dixitalización.
  7. Mellora das condicións de habitabilidade e de accesibilidade do edificio.
  8. Conservación e retirada de amianto.

Ademais, os edificios obxecto deste programa deberán cumprir os requisitos definidos no artigo 11 do Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro.

2º. ¿CALES SON Os REQUISITOS DAS ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES?

Para ser subvencionables, as actuacións de mellora de eficiencia enerxética deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Deben realizarse en inmobles situados nalgún dos ERRP declarados no Concello da Coruña.

  • Coas obras realizadas debe obterse unha redución de, polo menos, o 30% do consumo de enerxía primaria e o 25% de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración.

  • As actuacións non poderán estar iniciadas con anterioridade ao 1 de febreiro de 2020 e deberán estar finalizadas antes do 30 de xuño de 2026.

  • No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, esíxese que polo menos o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, debe ter uso residencial de vivenda e que as actuacións conten co acordo da comunidade de persoas propietarias.

Ademais, no momento de presentación da solicitude deberase contar co título habilitante correspondente, licenza ou comunicación previa, ou ben coa solicitude do mesmo, que recollerá as actuacións para as que se solicite subvención.

3º. ¿QUEN PODE PEDIR SUBVENCIÓN?

Poderá ser beneficiario desta axuda quen asuma a responsabilidade da execución da actuación en proporción ao custo asumido por cada un.

Cando se trate de comunidades de persoas propietarias e agrupacións de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación con independencia de que, tanto o seu importe, como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias das vivendas e, no seu caso, dos locais comerciais ou campos doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.

Non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aquelas persoas ou entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeneral de subvencións e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepto a da letra e) dos citados artigos, relativa á obrigación de estar ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social, aínda que non poderá procederse ao pago da axuda en tanto non se acredite estar ao corrente do cumprimento das devanditas obrigacións, de conformidade co disposto no artigo 6.1 de Real decreto 853/2021 e no artigo 21.3 da Resolución IGVS de 8 de xullo de 2022.

4º. ¿CAL É A CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS?

A contía destas axudas determinarase en función do aforro enerxético que se consiga coas actuacións, segundo os criterios de fixación de contías establecidos nas seguintes táboas:

Aforro enerxético conseguido coa actuación

Porcentaxe máxima da subvención do custo da actuación

Vivenda

Locais comerciais ou outros usos

Contía máxima da axuda por vivenda

Contía máxima da axuda por m2

30%≤∆Cep,nren<45%

40

8.100 €

72 €

45%≤∆Cep,nren<60%

65

14.500 €

130 €

∆Cep,nren≥60%

80

21.400 €

192 €

Ademais tense en conta o nivel de renda, de forma que se poderá financiar ata o 100% do investimento en función dos ingresos do IPREM das persoas solicitantes.

Para edificios de vivendas colectivas:

Ingresos en veces IPREM ponderado

Edificio

Axuda por vivenda en función do aforro enerxético

30%≤∆Cep,nren<45%

45%≤∆Cep,nren<60%

∆Cep,nren≥60%

Entre 2,6 e 2,1

% axuda

60%

75%

90%

Contía máxima

12.150 €

16.731 €

24.075 €

Menor ou igual a 2,1

% axuda

100 %

100 %

100 %

Contía máxima

20.250 €

22.308 €

26.750 €

Para vivendas unifamiliares:

Ingresos en veces IPREM ponderado

Vivenda unifamiliar

Axuda por vivenda en función do aforro enerxético

30%≤∆Cep,nren<45%

45%≤∆Cep,nren<60%

∆Cep,nren≥60%

Entre 2,6 e 2,1

% axuda

60%

75%

90%

Contía máxima

13.530 €

18.404,1 €

26.482,5 €

Menor ou igual a 2,1

% axuda

100 %

100 %

100 %

Contía máxima

22.550 €

24.538,8 €

29.425 €

No caso de obras nas que haxa retirada de amianto daranse, adicionalmente, 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio ata o importe do custo que supoña a retirada do mesmo.

5º. ¿CANDO SE PODEN SOLICITAR?

A convocatoria de subvencións para a rehabilitación de actuacións incluídas no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU nos ERRPs declarados no Concello da Coruña serán publicadas no BOP da Coruña e nesta web.

O prazo de presentación de solicitudes empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña.

6º. ¿ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Correo electrónico: subvencionsbarrios@coruna.gal

Teléfono: 981184200, 010

Presencial: Oficina Municipal de Rehabilitación - cale de Veeduría, 2, 2ª planta

7º. NORMATIVA APLICABLE E DOCUMENTACIÓN RELACIONADA:

8º. CONVOCATORIA E EXTRACTO:

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (175 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (177 KB)
  • [GAL] Ordenanza de conservación e rehabilitación (146 KB)
  • [CAS] Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (153 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión