Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de outubro de 2025

A alcaldesa, Inés Rey, recibe en María Pita á presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol

Armengol e Xosé Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega, asinaron o convenio de colaboración entre ambas as institucións

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio Municipal de María Pita á presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, durante a súa visita á cidade para asinar coa Real Academia Galega o acordo para a formación, coñecemento e difusión do galego como unha das linguais coofiaciais. 

"Para este Goberno municipal é unha honra poder acoller este acto en María Pita, pois desde a administración local tamén promovemos o uso do galego grazas á ordenanza que aprobamos e que regula o seu uso", indicou Inés Rey. A alcaldesa celebrou que o Congreso dos Deputados e o Goberno de España amose "unha sensibilidade" polo uso das linguas cooficiais do Estado, mostra da riqueza cultural do país. Armengol foi recibida na Alcaldía oficial onde asinou no Libro de Ouro.

No propio Palacio de María Pita Armengol e Xosé Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega, asinaron o convenio de colaboración entre ambas as institucións.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión