10 de abril de 2026
As persoas participantes poderán recoller este sábado no Centro Comercial Cuatro Caminos os seus dorsais para unha carreira que tamén pasará polo coñecido como Sector 7
O circuíto de carreiras populares Coruña Corre afronta este domingo a súa segunda proba do calendario nos barrios de Matogrande, Xuxán e Sector 7. A saída tanto da proba absoluta como das categorías inferiores terá lugar na contorna da praza central de Xuxán e o percorrido variará con respecto ao do pasado ano, pasando nesta edición polo Recinto Feiral. "Integramos a máis barrios a este circuíto tras facer o propio hai dous anos con Xuxán, grazas ao compromiso da nosa alcaldesa Inés Rey cos veciños e veciñas", sinalou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes.
Case 2.300 persoas poderán participar nesta proba logo de inscribirse ou confirmar a súa participación na mesma. A recollida de dorsais para esta segunda proba estase a levar a cabo este sábado 5 de abril, en horario de 11.00 a 20.30 horas, no Cuatro Caminos Centro Comercial.
A carreira absoluta comezará ás 10.00 horas. Seguidamente, ás 11.15 horas, tamén se levarán a cabo as probas de categorías inferiores, ata un total de seis. O trazado, de 6.700 metros, transcorrerá, ademais de polo Campus Universitario de Elviña e o barrio de Matogrande, polo barrio de Xuxán, onde se percorrerán os últimos 2 quilómetros da proba, e polo Recinto Feiral. A entrega de premios será a partir das 13.00 horas.
Haberá servizo de gardarroupa (de 9.30 a 11.15) e vestiarios e duchas (de 10.30 a 13.00 horas) no colexio Liceo La Paz. Tamén se dispoñerá de avituallamento sólido e líquido para todas as persoas participantes na proba. Toda a información desta carreira pódese consultar en www.corunacorre.com.
Afeccións ao tráfico
O desenvolvemento da proba implicará levar a cabo un dispositivo especial de tráfico, obrigando a pechar ao tránsito de vehículos diferentes rúas. En Xuxán-Matogrande as vías afectadas son: Galán, avenida de Xuxán, Canteira, avenida García Sabell, Federico García, Enrique Mariñas, avenida Fresas Eirís, Longarela e Alberto Martí. No campus de Elviña as vías afectadas son a avenida da Universidade, José María Luengo Martínez e outros tramos do campus, sen afección directa de tráfico. Estará prohibido estacionar na rúa Cernadas, en Xuxán, durante todo o desenvolvemento das distintas probas. Nesta vía levaranse a cabo as probas inferiores, polo que tampouco estará permitido circular. De 9.45 a 11.15 horas non se poderá retirar os vehículos daquelas rúas por onde pase a proba absoluta.

4 de abril de 2026

17 de marzo de 2026

12 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible