3 de xuño de 2026
A actuación, que executará o Concello, está cofinanciada con fondos do Ministerio de Industria e Turismo
Este mércores, a Xunta de Goberno deu luz verde á contratación das escavacións arqueolóxicas previstas na planta baixa da Casa da Sinagoga, na Cidade Vella.
"A Casa da Sinagoga é un ben de titularidade municipal desde o pasado mandato, cando o adquirimos por algo máis de 400.000 euros co obxectivo de traballar na súa posta en valor a nivel patrimonial. Estas escavacións e sondaxes que saen agora a concurso forman parte do plan de acción que temos previsto para rehabilitar, potenciar e visibilizar un enclave que nos permitirá saber máis sobre a evolución no tempo da nosa cidade e do seu corazón histórico: a Cidade Vella", explicou o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, en rolda de prensa.
O investimento previsto é de algo máis de 50.000 euros, cofinanciado grazas ao apoio do Ministerio de Industria e Turismo, que tamén sustenta outras actuacións de mellora na Cidade Vella e na súa contorna. A día de hoxe, xa hai catro actuacións en trámite: a reforma da praza das Bárbaras, a restauración da praza de Azcárraga, a do mausoleo de Moore e a renovación da instalación eléctrica do Castelo de San Antón. Agora, súmase unha quinta, na Casa da Sinagoga.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible