Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de abril de 2020

A Comisión de Facenda consensúa as tres grandes liñas do plan de reactivación económica e social da cidade

Tras recoller as propostas de todos os grupos políticos, o Goberno local propón unha metodoloxía de traballo para afrontar o desafío económico derivado da pandemia do COVID-19

A Comisión de Economía e Facenda acordou, por unanimidade de todos os grupos políticos, as tres grandes liñas de actuación do plan de reactivación económica e social da Coruña (PRESCO). Foi o primeiro paso dado polos grupos políticos cumprindo así o acordo unánime da Xunta de Voceiras/os polo que a Comisión de Economía e Facenda estuda xa a reorientación do orzamento municipal e a súa posible modificación de cara a superar a crise económica derivada da pandemia.

As tres grandes liñas de actuación que conterá o PRESCO, por acordo unánime dos grupos políticos, serán (I) o investimento público coa licitación de obras, equipamentos e infraestruturas, (II) a "Coruña Solidaria" con medidas que reforcen os programas de protección social, e (III) as medidas económicas e fiscais dirixidas a colectivos forzados á inactividade económica (pemes, comercio, hostalaría ou industria cultural).

A alcaldesa, Inés Rey, amosou a súa satisfacción polo primeiro acordo ao que chegaron os grupos, o que considera "un bo comezo" e fixo fincapé na necesidade de apostar por "incrementar os programas municipais de protección social" ao tempo que se estudan medidas económicas e fiscais "para axudar aos sectores máis afectados pola crise na cidade, como poden ser o comercio, a hostalaría, as persoas autónomas e as e os pequenos empresarios".

Rey tamén manterá encontros cos axentes económicos e sociais para ter en conta as súas achegas e que o plan de reactivación considere as diferentes propostas da sociedade civil.

Por outra banda, no primeiro encontro da Comisión de Facenda para estudar a modificación do orzamento municipal, os grupos políticos acordaron evitar que haxa solapamentos entre as posibles liñas municipais e as axudas económicas que están en marcha na actualidade por parte do Estado, ou e coas iniciativas futuras que aprobe a Xunta de Galicia.

Os grupos acordaron non só as grandes liñas do Plan senón que tamén determinaron a periodicidade das xuntanzas, que se concentrarán en dúas sesións semanais da Comisión de Economía e Facenda. As reunións terán un contido monográfico para buscar entre todas as forzas políticas o maior consenso posible co fin de perfilar os programas e as liñas de actuación que permitan reactivar a economía e que protexan socialmente as persoas máis vulnerables.

O Concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Lage, valorou "a boa disposición de todos os grupos para buscar un mínimo consenso" e subliñou como "importante" que hoxe se alcanzase "o primeiro acordo", dado que no seo da comisión "entre todos os grupos políticos decidimos cales van ser as tres grandes liñas de acción do plan de reactivación económica e social".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión