Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de marzo de 2026

A Coruña acolle a reunión anual de presidentes de federacións territoriais de patinaxe

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, presidiu o acto

A Coruña acolle esta fin de semana a reunión anual de presidentes das federacións autonómicas de patinaxe, un encontro que reúne na cidade aos principais responsables da patinaxe española para analizar a situación do deporte e reforzar a coordinación entre territorios. Durante a apertura do encontro, o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, deu a benvida aos representantes federativos en nome do Concello e da alcaldesa, agradecendo que escollesen a cidade como sede desta reunión e destacando o peso histórico da Coruña dentro da patinaxe española. 

Na súa intervención, o concelleiro subliñou que a patinaxe forma parte da identidade deportiva coruñesa e puxo en valor o traballo dos clubs e deportistas locais que contribuíron a situar á cidade como unha referencia nacional e internacional neste deporte. Entre eles destacou ao Club Deportivo Liceo, un dos grandes referentes mundiais do hóckey sobre patíns, así como ao Compañía de María polo seu destacado papel nas categorías de base. 

Tamén fixo mención a deportistas coruñeses que levaron o nome da cidade todo o máis alto da patinaxe, como os campións do mundo de hóckey Ignacio Alabart, César Carballeira, María Sanjurjo ou Jacobo Copa, ademais de figuras doutras modalidades como Julia Benedetti en skate ou os patinadores artísticos Unai Cereijo e Lucas Yáñez, formados no Club Patinaxe Artística Maxia. 

O concelleiro destacou así mesmo que a celebración desta reunión reforza o papel da Coruña como cidade vinculada á patinaxe e como sede habitual de grandes eventos. Non quixo deixar pasar a oportunidade de render unha pequena homenaxe ao legado do ex presidente Tito Torres e destacou a presidencia de María Jesús Vázquez en "unha cidade orgullosamente feminista"

Por último, o concelleiro aproveitou para convidar os presentes a presenciar algún dos partidos de competición nacional que se celebran esta fin de semana na cidade, Liceo, Compañía María e Marineda, o que permitirá aos asistentes coñecer de primeira man o nivel da patinaxe coruñesa.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión