Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xaneiro de 2024

Miguel Fernández Vasco, do Real Club Náutico da Coruña, será o regatista que representará á cidade herculina na proba, que comezará coa disputa dunha primeira fase en forma de liguiña

A Coruña acolle esta fin de semana a gran final das J80 Sailing Series, unha competición náutica a escala nacional na que doce equipos optan ao título

“Falamos dunha cita de moito prestixio no eido da vela, que subliña o compromiso de Inés Rey para apuntalar a posición da cidade á hora de acoller grandes eventos deportivos”, expuxo o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez

Esta fin de semana, entre o sábado 20 e o domingo 21, a cidade da Coruña acollerá as J80 Sailing Series Finals, a gran final dunha competición náutica amparada pola Federación Española de Vela e o Consello Superior de Deportes (CSD), e que pon a proba ás mellores embarcacións na clasificación nacional da clase monotipo J80.

Será a terceira edición das finais das J80 Sailing Series, dentro do Gran Premio Cidade da Coruña e incluída na programación da Semana Abanca. "Falamos dunha cita de moito prestixio no eido da vela, que subliña o compromiso de Inés Rey para apuntalar a posición da cidade á hora de acoller grandes eventos deportivos", tal e como lembrou esta mañá o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez.

"A J80 Sailing Series Finals é unha regata que nos fai especial ilusión xa que forma parte da Semana Abanca versión Rías Altas, unha serie de tres probas que levan o nome de persoas importantes para a cidade. Por unha banda, o Trofeo Isabel Zendal de Vela Feminina, con tripulacións de toda España e que na pasada edición gañou Sofía Toro -medalla olímpica de ouro en Londres-, e o Meeting Gadis, un evento que rende homenaxe ao recordo ao gran Aurelio Fernández Lage, eterno presidente do Real Club Naútico e que tan importante foi para que a Tall Ships Races faga escala na nosa cidade", indicou Vázquez, acompañado na presentación por Jorge Etcheverría, do Real Club Náutico da Coruña, José Ulfe, director de zona na Coruña en Abanca, e Manuel Seoane, representante do comité organizador da regata.

Os adestramentos de cara á competición comezaron este venres

A proba, que inicialmente se ía realizar a finais de outubro, foi finalmente posposta polas difíciles condicións meteorolóxicas desas datas. Finalmente, da man do Real Club Náutico da Coruña, "un dos principais impulsores da candidatura para acoller estas finais nas augas da cidade" -agregou Vázquez-, optouse por levala a cabo esta fin de semana.

Un total de doce equipos, procedentes de Cantabria, País Vasco, a Comunidade Valenciana, Cataluña e tamén galegos, tomarán parte na proba. Por parte do RCM Santander, competirán os 'Solintal', 'Fredo Estrella del Norte' e 'Zona Franca Santander'; polo RCMA-RSC de Getxo, os 'Biobizz', 'Vissi' e 'Hiblab'; polo RCR de Barcelona, o 'Etnia Barcelona'; polo RCR de Alicante, o 'Iser-Dorsia'; polo RCN de San Sebastián, o 'Decoexsa'; polo RCN de Castro Urdiales, o 'Matrako'; e, xa como representantes galegos, o MRCY de Baiona, co 'Marías', e o Real Club Náutico da Coruña, que opta ao título co 'Kotablue', no que o regatista herculino Miguel Fernández Vasco irá á fronte.

Neste sentido, este venres xa se están a levar a cabo os adestramentos oficiais previos á realización da proba, organizada a xeito de liguiña. Haberá tres grupos, con catro equipos en cada un deles. Os catro mellores clasificados disputarán este domingo a final, que determinará o vencedor.

O acto de clausura das J80 Sailing Series - Trofeo Cidade da Coruña terá lugar na sede do Real Club Náutico da Coruña o propio domingo, ás 16.30 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión