Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2018

A Coruña acollerá un encontro de innovación nas TIC co obxectivo de “facilitar espazos de traballo e intercambio no sector”

A Concellería de Emprego e Economía Social asina coa Asociación Galega de Innovadores en TIC un convenio para a celebración do evento e o impulso do emprendemento neste eido

O alcalde, Xulio Ferreiro, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Asociación Galega de Innovadores en TIC mediante o cal o Concello apoia a realización de actividades de impulso ao emprendemento neste sector, que se concretarán na celebración dun evento de traballo en rede, entre outros actos de divulgación para empresas e persoas interesadas no eido da innovación nas TIC. O convenio supón unha aportación de 5.000 euros por parte do Concello.

Este acordo forma parte da estratexia de impulso da Concellería de Emprego e Economía Social ao desenvolvemento de proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e comunicación e da aposta municipal polo estímulo da actividade empresarial na cidade. Neste sentido, o edil Alberto Lema salienta que o goberno local busca, por medio das súas políticas no ámbito laboral e empresarial, "xerar emprego en sectores que resulten estratéxicos para A Coruña e o seu crecemento como é o da innovación". Ao fío, lembrou outras actuacións neste ámbito como a sinatura, a pasada semana, coa Universidade da Coruña dun convenio para analizar as potencialidades da área metropolitana no eido da innovación e a definición dunha proposta para definir a súa estratexia de futuro ao respecto.

O evento obxecto do convenio, que se celebrará este ano, reunirá a empresas e persoas emprendedoras para compartir a súa experiencia en mesas de debate, charlas maxistrais e encontros co público. "Trátase de facilitar espazos de intercambio para fomentar tanto o aproveitamento do coñecemento como o traballo en conxunto de empresas", indicou Lema.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión