Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de maio de 2016

A Coruña afianza a súa posición como referente do turismo de congresos cun novo evento da Sociedade Española de Periodoncia que atraerá a preto de 4.000 persoas á cidade

A reunión da SEPA terá lugar en abril de 2018, aínda que este entre xuño e setembro deste ano, A Coruña acollerá dúas novas convocatorias congresuais que, se prevé, reúnan a máis de 5.000 persoas

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presentou este luns a LII Reunión Anual da Sociedade Española de Periodoncia e Osteointegración (SEPA) e a VIII SEPA de Hixiene Bucodental, evento que terá lugar na cidade entre o 12 e o 14 de abril de 2018. En rolda de prensa, o rexedor, acompañado polo concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, destacou que se trata dunha nova cita que vén referendar o potencial da Coruña no sector do turismo congresual. "A previsión é que estas xornadas atraian á cidade a máis de 4.000 persoas", destacou o rexedor, que recordou que só a SEPA supera os 4.700 asociados.

Ferreiro recordou ademais que este verán, concretamente en xuño e en setembro, terán lugar outros dos congresos que atraerán en conxunto a máis de 5.000 persoas. Trátase do congreso da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (SemFYC), que se celebrará entre o 9 e o 11 de xuño e que congregará a máis de 2.500 doutores e doutoras en Atención Primaria, e o congreso da Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía (SECOT), que virá á cidade entre os días 28 e 30 de setembro e que reunirá a máis de 3.000 profesionais. "Actividades coma estas son un polo de xeración de actividade turística, debido ao volume de persoas que atraen, pero ademais, son moi 

salientables no camiño por facer da Coruña unha auténtica cidade de coñecemento", destacou o primeiro edil, que incidiu na importancia deste tipo de encontros de divulgación médica.

Retorno económico

O concelleiro de Emprego, que tamén é presidente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, indicou que un congreso destas características podería xerar un retorno económico de máis de tres millóns de euros. "A aposta da cidade polo turismo congresual vese reforzada por logros coma este, que non só influirá nos hoteis e no Palacio de Congresos e Exposicións, senón tamén na hostalería coruñesa", insistiu.

O congreso da SEPA, que se celebrará, en principio, entre os días 12 e 14 de abril de 2018 no  recinto de Palexco, centrarase na periodoncia e nos problemas de encías. O evento versará sobre técnicas cirúrxicas avanzadas e se baralla a posibilidade incluso de que se poidan levar a cabo nos días precedentes outras actividades divulgativas, segundo destacou na rolda de prensa un dos representantes da Sociedade de Periodoncia, Antonio Liñares, na que tamén estivo presidente o presidente de Palexco, Enrique Pena, e o de Hospeco, Rafael Benito.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión