Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xullo de 2019

A Coruña, Arteixo e Culleredo ultiman a posta en marcha da liña 24

Juan Díaz Villoslada mantivo esta mañá unha reunión cos rexedores de Culleredo, José Ramón Rioboo, e de Arteixo, Carlos Calvelo, na que concretaron aspectos técnicos para a posta en marcha da ruta

O edil de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, mantivo esta mañá un encontro cos alcaldes de Arteixo e Culleredo, Carlos Calvelo e José Ramón Rioboo, para concretar distintos aspectos técnicos da ruta para a prolongación do bus urbano da líña 24 que conectará A Coruña con tres urbanizacións da Zapateira, situadas nos concellos limítrofes dos dous municipios.

O edil de Mobilidade confía en axilizar a posta en marcha do novo servizo e que comece a funcionar canto antes. Os representantes municipais, xunto con técnicos da Xunta, profundaron en aspectos importantes relativos á seguridade vial das novas paradas e confían que en breve a ruta comece a funcionar.  

A prolongación da liña 24 de autobuses chegará a catro urbanizacións da Zapateira situadas limítrofes cos concellos de Arteixo e Culleredo que ata o de agora non tiñan servizo.   

A nova traxecto  inclúe seis expedicións diarias ata Montegolf, Vallesur e As Oliveiras nos días laborables, tres os sábados e dous os domingos e festivos, e responde as vellas demandas veciñais. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión